VI Festival Vertixe Sonora 2018
Concerto

Libro de escoitas

Thomas Piel

Luns 5 Novembro / 20:30H
Igrexa de San Francisco
Pontevedra

Un concerto para cello solo arredor do silencio que presenta obras nun marco temporal que abarca 20 anos de diferencia.

Huber reclama a “presenza persistente” do son no espazo, sempre no abismo do silencio, evocando os versos de Goethe “en todas as copas /apenas percibes/ un hálito”. Antunes evoca “o Soño de Inverno da Terra, onde unha nova vida comeza a crecer lentamente baixo a terra” a cita de Dr. Faustus de Thomas Mann, para recordarnos procesos de mutación extremadamente lentos. 

Os cinco movementos da Partita de Jacobo Gaspar, de presentación en España, xurden dunha encomenda de Vertixe Sonora en colaboración coa Kunststation Sankt Peter Köln. O seu subtítulo,Libro de escoitas I, suxire unha experiencia perceptiva diferenciada en cada tempo, unha aproximación singular ao instrumento. Cunha influencia barroca notable, os 4 primeiros movementos están emparellados dous a dous: no tempo, porque seguen a sucesión lento-rápido, e na evolución das alturas, pois os impares teñen unha traxectoria descendente e os pares ascendente.

 

LUÍS ANTUNES …winterlich ruhende Erde… (2000) para cello solo
NICOLAUS A. HUBER …in die stille(1998) para cello solo
JACOBO GASPAR GRANDAL Partita / Libro de Escoitas I * (2018) para cello solo

*estrea en Galicia, encomenda de Vertixe Sonora en colaboración con Kunststation Sankt Peter Köln.

 

Thomas Piel cello 

LUÍS ANTUNES “… winterlich ruhende Erde …” violoncello solo
“Und ich war scwach und” poetisch “genug, die Brache seines Geistes mit der” winterlich ruhenden Erde “zu vergleichen, in deren Schoss das Leben, neues Sprissen vorbereitend, sich heimlich fortrege …”
Thomas Mann, Doktor Faustus

“Estaba o suficientemente esperto e “poético” como para comparar a terra da súa mente co “soño no inverno da terra”, cando na volta á vida novos espíritos comezan a crecer secretamente…”

O título da peza é unha cita do Dr. Faustus de Thomas Mann. 

Mann compara a aparente non creación do personaxe e compositor Adrian Leverkusen co soño de inverno da terra, onde unha nova vida comeza a crecer lentamente baixo a terra, pero se fai visible despois, moito despois de que o proceso xa comezou.

Esta metáfora do mundo visible e invisible foi o impulso inspirador para traballar nunha especie de proceso que eu chamaría orgánico; é dicir, procesos de cambio (case regulares) que parecen inexistentes debido á extensión temporal extrema.

Noutro contexto, a frase do título úsase como un poema musical, onde o tempo que flúe está determinado polo ritmo das palabras:

Win – ter – lich

Ruh – en – de

Er-de

Luis Antunes Pena

 

NICOLAUS A. HUBER …in die stille(1998) para cello solo
Unha e outra vez advirto en ensaios e concertos, que o sentido do espazo está cáseque atrofiado de tanto escoitar a través de altofalantes (LP, CD, vídeo, radio, televisión, etc.) as imaxes sonoras de calidade ásque estamos afeitos nesta era da comunicación.

Os altofalantes xa son capaces incluso de simular información espacial na transmisión do son. Pero, por outra banda, asúa capacidade paraxerar “espazo” no “espazo real” é extremadamente limitada. Pola contra, parece estar na propia natureza do son instrumental o poder erguerse completamente no espazo para atopar unha sonoridade coa que crear a vida.

Interpretando “..in die stille(“….. no silencio”) o violoncelista ten que escoitar alturas e sons no límite do audible (ata sete veces piano). Con todo, non debe entenderse este volumen sonoro como unha mera extensión na escala do inaudível, se non como unha realización dunha forma particular de claridade sonora. Debe reducirse oefecto do instrumento como lugar de radiación en favor dun son, por así dicilo, “insistente”. Sería como escoitar, como din os versos de Goethe, a presenza inminente de “case” o silencio: “en todas as copas /apenas percibes/ un hálito”

Canto máis silencioso, máis presente!


Nicolaus A. Huber, 27 de xullo de 1998

 

JACOBO GASPAR GRANDAL Partita / Libro de escoitas I
A construcción formal desta peza, que se articula en 5 movementos, podría ser equiparable á dunha partita. No entanto, as diferenzas entre os seus movementos non se reducen á construcción rítmica, como sucedía con as partitas e suites barrocas, senón que o que identifica principalmente a cada un deles é a súa propia materia sonora. De ahí o seu subtítulo, libro de escoitas, pois cada tempo pretende provocar unha experiencia perceptiva diferenciada, unha aproximación singular ao propio instrumento.

Os 4 primeiros movementos están emparellados dous a dous: no tempo, porque seguen a sucesión lento-rápido, e na evolución das alturas, pois os impares teñen unha traxectoria descendente e os pares ascendente.

O último pecha a obra coma se dunha aria tratásese, insinuando unha melodía protagonizada polo glissando de semitono descendente; figura barroca ligada á dor.

Jacobo Gaspar Grandal 2018