Vertixe 14

Impermanencia

Xoan Anleo

26/9/2026 - 3/12/2026
0€
Varios espazos
Vigo

“Entendo o son como materia capaz de moldear o espazo a través da instalación e paisaxes sonoras que exploran a resonancia da arquitectura e a percepción espacial máis física e relacional. Un volume que ocupa, altera e resignifica o lugar. O son como materia e proceso que acontece e desaparece no espazo imposible de atrapar e onde non pode existir a inmovilidade pero si a pausa. Frecuencias que desvanecen nun acontecemento efímero que so existe no instante nunha interacción coa audiencia e a importancia do lugar que se produce en tempo real, ou ben na escoita atenta. Instalacións sonoras experimentales onde non existe a inmovilidade, a súa condición é o movimiento constante, a repetición e a propia desaparición inevitable que se expande no tempo.”
Xoán Anleo (Marín, Pontevedra, 1960) traballa con medios diversos, música/arte sonora, escultura, instalación, vídeo, obxectos e o interés polas publicacións, libros de artista e todo tipo de edicións diversas. Ten publicado 44 discos. Pódese escoitar en: xoananleo.bandcamp.com