Outros concertos e actividades 2012
Galiza 2012
I Xornadas de Música Contemporánea 2012

Ilusión real

Xoves 25 Outubro / 20:30H
CGAC
Santiago de Compostela

Creo que debaixo de toda obra de arte hai unha sospeita. Unha sospeita profunda sobre a realidade tal e coma se presenta diante do ollo. Porque se este é un oficio de creer no ollo tamén é un oficio de sospeitar do ollo.
Juan Muñoz

Ilusión real susténtase sobor da sospeita de que na orixe de toda a música para instrumentos e electrónica persiste unha traición perceptiva. Hai un momento no que oído, ollo e cerebro estanche a dar unha información que non recoñeces. A nova especificidade desplaza a xestualidade instrumental como narrativa visual específica do concerto en vivo e require de novas paradoxas para as que o oído, o ollo e o cerebro deben actualizar continuamente estructuras de reinterpretación. Coa complicidade do Sr. Pause e a colaboración do pintor Ramón Trigo e o arquitecto Eduardo Berea sustentamos a vontade de explorar as infinitas posibilidades que nos brinda esta ecuación.

Presentamos catro pezas para instrumento só —piano saxo percusión fagot— e electrónica. E catro serán as diversas metodoloxías aplicadas segundo o caso: a perversa —por dislocar niveis sonoros— e refinada amplificación dun piano [Rendered]; a ilustración dunha paisaxe sonora transustanciada a partires da extensión metalingüística do saxofón [Ilusión Real]; a dramaturxia da multiplicidade heterónima do fagote [Impromptu pour un Monodrame]; a espacialización dun tempo infinito de pedra percutida [Tres cadros sobre pedra]

Os compositores elexidos dan boa mostra de como artellar os novos afectos dende o convencimento da realidade sonora que se afirma no continente.

ILUSIÓN REAL

Impromptu pour un monodrame (2007) fagot e electrónica
David Hudry (FRANCIA, 1978)

Rendered (2004) para piano solo e dous asistentes
Simon Steen-Andersen (DINAMARCA, 1976)

Três Quadros sobre Pedra (2009) percusión e electrónica
Luis Antunes (PORTUGAL, 1973)

Illusion Réelle* (2003) saxofón tenor e electrónica en vivo
Leilei Tian (CHINA, 1971)
*videocreación de Ramón Trigo e Eduardo Berea

 TODAS AS OBRAS DESTE CONCERTO PRESÉNTANSE POR PRIMEIRA VEZ EN ESPAÑA

VERTIXE SONORA [intérpretes neste concerto] Jesús Coello,  fagot | Pablo Coello, saxo | David Durán, Haruna Takebe e Pablo Coello, piano | Diego Ventoso, percusión | Ángel Faraldo, electrónica | Sr. Pause, videoescapismo | Carlos Álvarez-Ossorio, iluminación