Outros 2021
Conferencia - Concerto

Iannis Xenakis – O artista mosaico

Thomas Piel

Sábado 6 Marzo / 19:30H
Fundación Luís Seoane
A Coruña

Entrada gratuíta. Inscrición previa na FUNDACIÓN LUÍS SEOANE a través do teléfono 981 216 015 (prazas limitadas)

Iannis Xenakis (Braila, Rumanía, 1922- París, 2001) considerábase a sí mesmo un ‘artista-mosaico’ debido á intervención na súa obra de disciplinas científicas, artísticas e filosóficas. O programa da quinta edición de A_NEXOS estará protagonizado polas dúas pezas máis coñecidas do compositor grego para violonchelo: Nomos Alpha, composta entre 1965 e 1966, na que Xenakis baséase parcialmente na teoría de grupos; e Kottos, de 1977, dedicada a un personaxe mitolóxico, o xigante Coto, fillo de Urano e Xea.

O violonchelista de Vertixe Sonora Thomas Piel interpretará as dúas obras nunha sesión conducida polo escritor e crítico musical Paco Yáñez (Santiago de Compostela, 1974) quen afondará nos diversos aspectos da biografía de Iannis Xenakis, desde o seu labor como compositor ata o seu interese pola enxeñería e a arquitectura, pasando polo seu compromiso político e polo contexto histórico no que desenvolveu a súa actividade.

A_NEXOS V Iannis Xenakis – O artista mosaico

IANNIS XENAKIS (1922 –2001)
Nomos Alpha (1965-66)
Kottos (1977)

Paco Yáñez, relator
VERTIXE SONORA Thomas Piel violonchelo

A_NEXOS está organizado pola ASOCIACIÓN CULTURAL AÏS e dirixido por Hugo Gómez-Chao

vídeos