V Do Audible 2017
Concerto

Hibridación

Vertixe Sonora e Jeanne Maisonhaute - TanaCello

Martes 7 Novembro / 20:30H
Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña
A Coruña

Con Julio Parapar, zoólogo

Co apoio de: Universidade da Coruña e Diputación Provincial da Coruña

 

PROGRAMA
Abel Paúl (Spain, 1984) Room & Elbow (2016) violin, viola, cello, piano e percusión
Juan Arroyo (Peru, 1981) Saturnian Songs (2016/17) TanaCello e ensemble

VERTIXE SONORA
Jeanne Maisonhaute TanaCello
Clara Saleiro frauta / Felipe Agell clarinete / Pablo Coello saxofón / Roberto Alonso violín / Lorena García viola / Ailsa Lewin cello / David Durán piano / Diego Ventoso percusión / Ramón Souto director

Todos os organismos vivos da Terra evolucionaron dun último antepasado común universal que existiu hai entre 3.800 e 3.500 millóns de anos. De feito, esta evolución é o proceso característico da materia viva, e as especies actuais (coa súa riqueza relativa e niveis de complexidade biolóxica) son un estado puntual nese proceso: o produto dunha longa serie de eventos de especiación e de extinción. Foi Darwin quen en 1859 publicou no seu libro A orixe das especies as evidencias do mecanismo de cambio (selección natural) que esclarece a transformación. Os poliquetos, xa presentes hai máis de 500 millóns de anos nos primeiros estadios da cadea evolutiva, están entre os máis primitivos organismos vivos coñecidos e aínda hoxe habitan os océanos. Julio Parapar, profesor titular de Zooloxía da UDC e participante nas expedicións da Antártida (Ventart 2003 e Ventart 2006), explicará a súa enorme beleza e diversidade.Tamén os instrumentos musicais actuais son estados evolucionados dun principio vibratorio orixinal. Fabricantes de instrumentos, inventores, compositores, intérpretes traballan conxuntamente apurando os límites físicos, acústicos e tecnolóxicos, perfilando achados sonoros, posibilitando novas estéticas musicais… Os instrumentos híbridos son estadios finais na sorte de mutacións acústicas que nos acompaña desde a orixe dos tempos.

Coa intervención física de instrumentos acústicos (aos que lles incorporan suplementos tecnolóxicos que lles permitan relacionarse dun modo máis orgánico en contextos electroacústicos), compositores como Juan Arroyo ou Abel Paúl ensanchan as posibilidades sonoras dos instrumentos desde a deformación do xesto, do espazo e do timbre instrumental (modificando as características sonoras previas de cada instrumento e a propia relación entre intérprete e instrumento). Esta variedade de procesos que regulan a intimidade de instrumentos acústicos e procesos electrónicos e dixitais coñécese como hibridación.

Acompañando a charla do profesor Parapar, o programa musical presenta dúas formas de hibridación: Saturnian Songs de Juan Arroyo para conxunto e violoncello híbrido (estrea mundial completa), coa participación da solista do Cuarteto Tana Jeanne Maisonhaute; e Room & Elbow de Abel Paúl, estreada por Vertixe Sonora no Auditorio400 do Museo Reina Sofía e gañadora do XXVII Premio Jóvenes Intérpretes da Fundación SGAE-CNDM 2016.