Efémero
…observar recompilar indexar coñecer recrear…
efémero achégase á exposición o agora xa foi o denantes será que, baixo o comisariado de Miguel von Haffe, recolle a produción do artista galego-brasileiro Fernando Casás (Pontevedra, 1946) perante máis de corenta anos.
Nesta ocasión foron os compositores Jacobo Gaspar (Mos, Pontevedra, 1975), Esaias Järnegard (Estocolmo, Suecia, 1980), Alexander Khubeev (Perm, Rusia, 1986), Matthias Kranebitter (Viena, Austria, 1980) e Simone Movio (Latisana, Italia, 1978) os convidados a manter unha suxestiva conversa sobre natureza e arte a partires das interrogacións fundamentais que plantea a obra do grande artista pontevedrés.
EM: Estrea mundial
