MONDO 25

ECHO

Martes 18 Novembro / 20:00H / 1H
0€
Festival “Iš Arti” / Kauno Valstybiné FILAHRMONIJA
Kaunas

Os bulos e a desinformación representan dende hai tempo unha ameaza global para a liberdade e a democracia. Dado que as decisións políticas deben basearse nunha comprensión axeitada dos asuntos públicos, a información tóxica e o enorme potencial de difusión das novas ferramentas tecnolóxicas desafían a propia supervivencia dun sistema fráxil, cando a viralización masiva e inmediata dos contidos fai imposible verificar a veracidade da información e a leva ao colapso. Os mundos virtual e real están cada vez máis separados: a vinganza da materia.

Estas e outras reflexións sobre materia, mundos virtuais e reais, o eco, a resonancia e a espacialidade son as motivacións que sustentan unha proposta animada por tres conxuntos do sur, centro e leste de Europa —Ensemble New Babylon de Bremen, Vertixe Sonora de Vigo e Melos New Vocal Music Collective de Vilnius— nun momento de particular tensión xeopolítica que representa unha encrucillada crucial para a Unión Europea.