LATEXOS 26

Disappeared Quipu[s]

Sábado 13 Xuño / 18:00H / 30MIN
0€
Auditorio CMUS
Santiago de Compostela

Reserva a túa entrada

Disappeared Quipu[s] está inspirada e baseada na instalación Disappeared Quipu da artista e poeta chilena Cecilia Vicuña. Os quipu eran obxectos complexos empregados polas antigas comunidades andinas para gardar rexistros e comunicar información. Consisten en cordóns anudados de diferentes cores e lonxitudes. A información codificábase colocando os nós en diferentes posicións, axustando as lonxitudes dos diferentes cordóns e usando fíos de diferentes cores. Estes obxectos tamén eran amén xeitos de rexistrar acontecementos actuais, lembrar o pasado e, no caso de Vicuña, imaxinar o futuro. Os quipu foron prohibidos polos españois durante a colonización de América do Sur. Na súa instalación, Vicuña colgaba enormes fíos de nós do teito do espazo de exposición, evocando antigos quipues.

 

Camilo Méndez (Colombia1982)
Disappeared Quipu[s] (2022) [EES]
óboe, clarinete, violín, violonchelo, piano, percusión

EES: Estrea en España


VERTIXE SONORA
Óboe: Pilar Fontalba
Clarinete: Pablo Piñeiro
Violín: Roberto Alonso
Violonchelo: Thomas Piel
Piano: David Durán
Percusión: Diego Ventoso