MONDO 26

Die Wanderung

Sábado 19 Setembro / 15:30H / 1H
0€
SEOUL INTERNATIONAL COMPUTER MUSIC FESTIVAL 2026 / Chamber Hall, College of Music, Yonsei University
Seúl

Concerto-conferencia a cargo de Iván Ferrer-Orozco e Ramón Souto. Breve percorrido histórico pola música electroacústica española. Escoitaremos en directo dúas obras de escritura aberta: Die Wanderung (Lula Romero, 2017) e Nachtfahrplan (Francisco Domínguez, 2024)

En die Wanderung (peregrinaxe, migración) Lula Romero establece un diálogo continuo de interpretacións e reinterpretacións dun material mínimo que peregrina dun instrumento a outro. O ciclo consiste en cinco solos e unha obra para ensemble. Nos tres primeiros solos (1-acordeón, 2-saxofón tenor e 3-violonchelo) os instrumentos abordan un material similar que á súa vez é leído, interpretado e doblado en tempo real pola electrónica. O resto de pezas do ciclo son novas reinterpretacións en espello: verdadeiramente os intérpretes escoitan as pezas anteriores con auriculares e reinterpretan dende unha partitura con suxestións de materiais. O solo de frauta (4) reinterpreta a obra de saxofón (2); o de harpa (5) a do violonchelo (3); e a de ensemble (6) a do acordeón (1). Simultáneamente a electrónica decodifica en tempo real estas versións e as transforma mediante síntese granular. A obra foi grabada por Vertixe Sonora para WERGO, nunha produción do selo Deutscher Musikrat (publicado en marzo de 2019).

De instrumentación aberta para tres intérpretes e electrónica, en Nachtfahrplan (“horario nocturno” ou “plan de viaxe nocturna”) a voz é o compoñente sonoro principal: tando dos textos de Kafka (gravados por Dominique Steffien no soporte fixo) coma no caso da propia voz procesada dos intérpretes. A estrutura laberíntica da obra, e a banda fixa de sons do solpor e o mencer traslocen o misterio das cidades nocturnas característicos da obra de Kafka. Os instrumentos tamén procesados en tempo real imitan as cadencias do recitado e se funden nese tapiz sonoro ambiguo e suxerente. Foi estreada en 2024 en homenaxe a Kafka polo seu centenario.

Lula Romero (España1976)
Die Wanderung II 1 (2017)
saxofón tenor, electróncia en vivo
Francisco Domínguez (España1993)
Nachtfahrplan 1 (2024)
3 performers

1 Repertorio Vertixe Sonora


VERTIXE SONORA
Saxofón: Pablo Coello
Guitarra eléctrica: Nuno Pinto
Piano: David Durán
Percusión: Diego Ventoso
Medios electrónicos: Iván Ferrer-Orozco