Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022
Curso de Interpretación

Residencia. Música para 18 Músicos de Steve Reich

Steve Reich

22/8/2022 - 30/8/2022
Conservatorio Profesional de Música Xoan Montes
Lugo
Con este proxecto os solistas de Vertixe Sonora ofrecen un marco pedagóxico de formación para que intérpretes de diferentes especializades instrumentais, xóvenes músicos no inicio da súa carreira, poidan participar de contextos de traballo profesionais no eido da música contemporánea. Un contacto coa realidade musical de vangarda que abarca tódalas dimensións de realización dun proxecto dende o seu inicio ata a súa presentación pública.
A convocatoria estivo dirixida a músicos próximos a rematar os seus estudos interesados ​​en afrontar os especiais retos da música nos séculos XX e XXI. Despois de un arduo proceso de selección, audicións e ensaios parciais durante todo o ano inician as sesións intensivas dun dos nosos proxectos máis agardados: MÚSICA PARA 18 MÚSICOS de Steve Reich.
Este proxecto sirve de preámbulo as colaboracións de NewMusicSa e Vertixe Sonora no contexto da edición especial dos World Musica Days que terá lugar no outono de 2023 en Sudáfrica e pola que se conmemoran os 100 anos de existencia dunha organización fundamental para o devir da música contemporánea. Unha edición baixo a dirección artística de Lukas Ligeti e coordinada por Ignacio Priego