LATEXOS 19
Concerto/Performance

Brumario

Vertixe Sonora, Javier Martín

Sábado 5 Outubro / 12:30H
Monasterio de Santa María
Sobrado dos Monxes

BRUMARIO é un proxecto de investigación e creación en código aberto, versado nos rigores da improvisación a nivel de son e movemento. Cunha marcada identidade artística que aposta pola produción local de coñecemento, este encontro entre Vertixe Sonora e o coreógrafo Javier Martín busca desenvolver un concerto performativo baseado no concepto de vibración como lugar que atravesa e conforma ambas disciplinas. Mantendo unha metodoloxía de traballo en contacto co público, búscase que a creación xorda nun contexto participado pola crítica á vez que se crea un contexto subxectivo para o seu coidado.

PROGRAMA
Heather Stebbins (Canadá, 1987) – Ursa Major (2017) saxofón, piano, percusión, electrónica
Vertixe Sonora + Javier Martín Improvisacións a partir do Feedback

VERTIXE SONORA
Pablo Coello saxofón / David Durán piano / Diego Ventoso percusión

JAVIER MARTÍN
Coreógrafo e artista contemporáneo coruñés, desenvolve proxectos de investigación de corte epistemolóxico en torno ás artes do movemento que atopan as súas fugas en distintos desbordamentos discursivos e as súas aplicación, como son: a creación estética, escrita, conferencias-performativas, procesos de obra acompañados de laboratorios e grupos de investigación, intervención de itinerarios formativos en distintas universidades ou a organización de seminarios.

Con máis de 10 anos de traxectoria profesional, ten estreado máis de 30 pezas en distintas partes do mundo, establecendo sinerxías creativas con artistas de diferentes disciplinas, como o pianista ruso Oleg Karavaichuk no Proxecto Symptoma; o fotógrafo e cineasta Tono Mejuto na película de cine-danza Qviasma, co escultor Joaquin Jara EN SOMA. No 2017 o Museo Uiversidad de Navarra publicou “Javier Martín.Cuaderno de creación”, o primeiro monográfico sobre o seu traballo artístico.

Proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo