VIII Festival Vertixe Sonora 2020
EN RUTA 2020
Concerto

As colas do cometa

Huihui Cheng, María José Belenguer, Angélica V. Salvi, Kate Moore

Mércores 28 Outubro / 20:30H
Igrexa de Santa María en O Viso
O Viso, Redondela

EN RUTA Proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo

Angélica V. Salvi presenta un programa que mostra diferentes achegas femeninas ao repertorio para arpa. A china Huihui Cheng, a australiana Kate Moore, a española María José Belenguer ou a propia Salvi salmantina residente en Portugal conflúen nunha proposta que reconsidera a nosa evolución cunha perspectiva de cambio profundo chea de positividade dende estéticas que abarcan dende a performance ata o minimal e combinan sons electrónicos e acústicos cunha forte marca visual.

HUIHUI CHENG (Wu-Chang, China, 1985) As colas do cometa* (2020) para arpa preparada e lanternas
MARÍA JOSÉ BELENGUER (Castellón, 1983) Unha nova luz* (2020) para arpa e electrónica
ANGÉLICA V. SALVI (Salamanca, 1981) Índigo (2020) para arpa e pedais de efectos
KATE MOORE (Oxfordshire, England, 1979) Spin bird (2020) para arpa solo

*Estrea mundial. Comisionada por Vertixe Sonora

Intérpretes: Angélica V. Salvi, arpa

As obras

HUIHUI CHENG As colas do cometa* (2020) para arpa preparada e lanternas

En xullo deste ano, vin cometas e po de estrelas no observatorio de Calar Alto. Foi un recordo inesquecible. Os cometas estaban lonxe e o feble feixe de luz parecía iluminar as estrelas, pero non eran tan brilantes coma as estrelas. Esta escena permanece no fondo da miña memoria. Está lonxe pero existe. Quero usar efectos sonoros e visuais para describir a miña sensación neste momento.

MARÍA JOSÉ BELENGUER Unha nova luz A new light (2020) para arpa e electrónica

Obra para arpa e electrónica en vivo enmarcada nun estilo e influencias minimalistas. Esta peza foi composta durante o confinamento que vivimos a partir de Marzo de 2020 e transmite sentimentos de melancolía, nostalxia, preocupación e impotencia, derivados daquela situación.
Estruturada en 3 movementos contrastantes descrebe certa sensación de illamento e soidade, moi presente no segundo movemento, aínda que desde unha perspectiva optimista e esperanzadora, especialmente apreciable no terceiro. A pesares de describir emocións que son consecuencia dun momento difícil, faio enfocándose na perspectiva dun futuro en que toda esta situación que vivimos quede atrás, desde unha mirada cara a unha nova luz.
ANGÉLICA V. SALVI (Salamanca, 1981) Índigo (2020) para arpa e pedales de efectos
En Índigo Angélica Vázquez Salvi continúa a súa exploración da arpa electroacústica e pedais de efectos coa colaboración de Fátima Fonte. E a penúltima peza do seu disco Phantone, gravado no Mosteiro de Rendufe por José Arantes no âmbito do festival Encontrarte Amares 2019. Producido por Alexandre Soares, mesturado por José Arantes e masterizado por Miguel Pinheiro Marques.

“Vostede xa non está aquí. E, por sorte, convirá conmigo. Porque non se trata precisamente do Royal Albert Hall ou do Salzburger Landestheater. Nin moito menos. Quizais unha pequena cabana á beira do río Uele, escarlata do óxido de ferro, vaia vostede a saber. Po, listóns roídos, o negro-azul do Congo, escorpións, as estrelas, pintura de rostro de guerra. Ou de festa. Xa non aquí, en fin, nin vostede tampouco, porque está adormecendo coa vibración. Coas mandíbulas. Tripas de antílopes, dirían os expertos, se existisen. Porque eles, tamén por sorte, deixaron de existir. Fundido, coma se fosen cera. Que rapto, que alivio celestial, que dozura solitaria, que sorte foránea, todo se esvaece. Monarquías e fronteiras, flashes e latexos, pantasmas e fantasías, reloxos, repeticións, xenealoxías enteiras, o pobo azande, as tribos urbanas, os rastas, os bantus. “Bota a preocupación lonxe de ti…”

Vostede xa non está aquí e teremos que convir: iso é unha liberación. Dance. Mantéñase lonxe de si mesmo o máximo posible. Dilúase, nesa esfera foxe. Nin lembrar nin escribir, deixe que o cadro de madeira ilumine ben na pira funeraria. As escaleiras cara a tortura entre as cordas, esa é a súa voz. Que non é del nin apenas ten cor nin curvatura. Un pé aquí, un ollo alí. Ninguén escoita, ninguén sementa, non existe a posesión, o público contraeu e ten o tamaño dunha cadea. Unha cadea que crucifica ao oínte agardando dolorosamente durante todos os momentos da súa existencia terreal. Vaia, serán os pedais, serán os altofalantes, será a primavera. Ti, ti, si, ti, a néboa, a néboa da melodía eléctrica. “Lembra alegrarte ata que chegue o día de abordar a terra …

que ama o silencio … “

Héctor Arnau (tradución libre)

KATE MOORE (Oxfordshire, England, 1979) Spin bird (2020) para arpa solo

Kate Moore escribiu dúas pezas co mesmo título Spin Bird, paxaro que xira, unha para piano no 2008 e a que escoitaremos hoxe para arpa sóa. Ambas están inspiradas na novela Xoan Salvador Gaivota de Richard Bach. Do mesmo xeito que o paxaro que se afasta do rabaño para practicar e mellorar a arte de voar e mergullarse, o intérprete demostra unha técnica virtuosística modulando a velocidade a través de todas as cordas do instrumento. Esta peza céntrase no dominio da técnica do solista, insinuando o simbolismo do instrumento como un medio para o dominio propio, permitíndose así a ilusión do voo. Lémbranos que o “poder sobre un mesmo (é) mellor que mil anos de poder sobre os demais”. [2]

[1] Bach, R. Jonathan Livingston Seagull Nova York: Scribner 1970.

[2] Shah, I. “Cando a morte chegou a Bagdad”, Tales of The Dervishes, Londres: Octagon Press 1977, p.191.