Aracne
Son adicta á dor para darlle sentido e forma á frustración e ao sufrimento. Non podo facer desaparecer a dor. Chegou para quedar.
Louise Bourgeois
Unha estraña manta cobre o parque, obra de miles de pequenos arácnidos. Conseguiron tecer un pano duns 30 metros de longo por tres de ancho. As teas están soltas e son movidas polo vento: así, algunhas especies se moven e colonizan novos territorios. As arañas constrúen os seus tecidos a partires da seda que sintetizan e segregan nas glándulas rotativas da parte posterior do abdome. As especies máis primitivas teñen poucas glándulas e constrúen as súas redes con sedas bastante uniformes. As máis evolucionadas, pola súa banda, posúen ata sete glándulas xiratorias coas que deseñar sedas de propiedades específicas (espesor, adherencia, resistencia, etc.). Hai sedas máis resistentes e flexibles que un cable de aceiro do mesmo grosor.
Accionistas: Ismael Bessa, Gabriel Carrera, Samuel Fernández, Lucas Fontaíña, Alex González, Lucas González, Gorka Leirós, Martín Leirós, Alex Martínez, Raúl Méndez, Martín Paramos, Afri Pereira, Martín Piñón, Aarón Rodríguez, Fabio Romero, Carlos Vila, Hao Wu, Andressa Alves, Valeria Garrido, Sara González, Noa Hernández, Yara Lago, Nerea Loureiro, Julia Maceira, Ruby Machado, Sthefany Páez, Sofía Pereira, Clara Rodríguez, Raquel Trigo, Esmeralda Valdes