DO AUDIBLE 24

Acceso múltiple por división de tempo

Ernesto Martínez

Domingo 24 Novembro / 18:00H
Museo do Mar de Galicia
Vigo

Cando pensamos no Universo, a nosa mente tende a dirixirse ao inimaxinablemente inmenso, un espazo sen fronteiras coñecidas onde todo existe…
Pero cal sería a súa unidade mínima
Un gran de area?
O átomo (que se creía indivisible)?
Cecáis os protóns, neutróns e electróns que o compoñen?
Os tres quarks no que se subdivide cada unha destes elementos?
…?   

A Gravidade Cuántica de Bucles (Abhay Ashtekar, 1986) tenta explicar o funcionamento do espazo-tempo, a unha escala moi, moi, moi pequena… mesturando teorías aparentemente incompatibles da mecánica cuántica e da relatividade xeral. Pero implica que o Universo non é infinitamente indivisible. Habería unha unidade mínima de distancia indivisible no espazo-tempo, a chamada “lonxitude de Planck”, un millóns de veces menor que un electrón (como o pixel dunha pantalla de televisión, unha unidade que non se pode subdividir). O espazo-tempo estruturaríase en diminutas redes de bucles ou recurrencias conectadas entre si. E a súa vez, estas redes –”redes de espín“– representarían o estado cuántico dun campo gravitatorio en constante fluxo. Para explicarnos esta e outras teorías contaremos cunha breve intervención ao inicio do evento de José Edelstein, profesor de Física Teórica da USC e investigador no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.

Porque en ACCESO MÚLTIPLE POR DIVISIÓN DE TEMPO Ernesto Martínez proponse experimentar a unidade mínima do espazo-tempo nun espectáculo inmersivo de 60 minutos de duración.

Divide o tempo en partes simétricas, franxas, que pode enviar a músicos específicos. Nun rango de 50 a 510 pulsacións por segundo, e cun número de particións variado entre 1 (a total sincronía) e 8. Todo isto contrólase a vontade, en tempo real, inferindo á obra un abano inusual de contrastes e variacións.

O conxunto accede a velocidades e texturas –e a un nivel de complexidade– imposible no virtuosismo individual. Aquí, velocidade e ritmo atopan novas dimensións e campos de expresión que fomentan o virtuosismo colectivo, creando unha experiencia da física detrás do espazo-tempo.

VERTIXE SONORA Carlos Cortés, Moisés Lorenzo trompetas | Jorge Fuentes, Victor Freire trompas | José Pons, Noé Viamonte trombóns | Pablo Coello, Liliana Ortega saxofóns | Diego Ventoso, Antonio Ocampo percusións | David Durán, Luis Martínez teclados | María Villanueva, Rubén Abad guitarras eléctricas | Saúl Puga baixo eléctrico