II Do Audible 2014
Charla-concerto

A música das esferas

Vertixe Sonora con Lluís Nacenta - profesor, ensaísta e comisario

Sábado 11 Outubro / 20:00H
Casa das Ciencias (A Coruña)

coa participación do profesor, ensaísta e comisario Lluís Nacenta

Programa
Tierkreis revisitado de Karlheinz Stockhausen e Ángel Faraldo VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Pablo Coello saxofóns / Carlos Méndez contrabaixo / Ángel Faraldo electrónica
Dende Pitágoras e Platón a ancestral tradición que consideraba o universo coma un gran instrumento musical en permanente resoancia mantívose con variacións ata a actualidade cando os poderosos sistemas de medición da NASA puideron verificar que certamente os corpos celestes emiten sons armónicos, a denominada “música das esferas”, e científicos de prestixio, coma a investigadora Lisa Randall, defenden en A teoría das cordas, modelo predictivo fundamental da física teórica, un permanente estado vibracional do universo.

O relator: Lluís Nacenta
Profesor, ensaísta, comisario e colaborador habitual da revista Nativa e do suplemento Cultura/s de La Vanguardia, imparte docencia no Grado de Diseño e no Master Universitario de Investigación en Arte e Deseño de Eina. Centre Universitari de Disseny i Art de Barcelona. Foi coordinador do Master en Arte Sonoro da Universidad de Barcelona, comisariou para Arts Santa Mònica, o Festival Sónar i el CCCB, impartiu cursos e conferencias no MACBA, o CCCB, o Espai Cultural Caja Madrid e Can Felipa. Tamén colabora na producción da serie Son(i)a de Radio Web MACBA.

Sobre a obra e o compositor

Karlheinz Stockhausen
Figura esencial da vangarda musical do século XX, o alemán Karlheinz Stockhausen (Mödrath, 1928 – Kürten-Kettenberg, 2007) posúe unha obra inabarcable que vai dende a música aleatoria ó serialismo, pasando pola electroacústica e a composición matemática. Pioneiro no campo da improvisación electrónica, dos concertos de música electrónica en directo e da música intuitiva, escribiu máis de trescentas obras, tendo a súa obra unha extraordinaria influencia no desenvolvemento da música da segunda parte do século XX.

TIERKREIS revisitado
Tierkreis 12 melodías do Zodiaco, é unha das obras máis coñecidas do compositor alemán Karlheinz Stockhausen. Consta de 12 melodías que representan, cada unha delas un signo zodiacal inspiradas no carácter de personas queridas do autor. As melodías de Tierkreis correspondentes ó signo zodiacal de cada momento do ano son tocadas a diario polas campás da torre do concello de Colonia como un tributo ao compositor.
En Tierkreis Revisitado Faraldo explorara as múltiples posibilidades expresivas que ofrece cada unha das melodías nunha proposta mixta espacializada na Casa das Ciencias da Coruña.
Músico experimental activo como compositor e improvisador, Ángel Faraldo (Ferrol, 1980) está interesado na exploración sistemática de procesos que maximizan recursos mínimos, como se materializa no seu ciclo The Feedback Study Series (2010- 2013), o seu sintetizador dixital MISS (2009) ou a súa concepción da non-input mixer. Actualmente é estudante de doutoramento no Music Technology Group, Universitat Pompeu Fabra, Barcelona.