
A arte do Guzheng
Na familia das cítaras, o Guqin (古琴) e o Guzheng (古筝) representan lugares contrapostos na música tradicional chinesa. Se o Guqin de sete cordas, de son grave e calmo, permanece fortemente identificado co refinamento aristocrático e o bo gusto, converténdose nun símbolo dos valores morais que defende o confucianismo; o Guzheng de pontes móbeis e moitísimas máis cordas (entre doce e cincuenta (sic!) –co estándar actual de vinte e unha), é o instrumento por antonomasia do pobo e da filosofía taoísta. Xurdiu no período dos Reinos Combatentes (V a. C.) para favorecer unha música alternativa, capaz de ir máis aló dos límites establecidos; unha arte libre de protocolos ríxidos, conectada directamente coa emoción.
Este proxecto explora a integración do Guzheng nun contexto de música nova na amizade de Hong Kong New Music Ensemble, Vertixe Sonora e Vid Veljak; e presenta catro estreas mundias escritas especialmente para a ocasión por Sonja Mutić (Cro/Serbia), Angus Lee (HK), Camilo Mendez (Colombia/HK) e Pilar Miralles (España/Finlandia).
Coa participación especial da violinista e recitadora Niu Yiran, A arte do guzheng complétase coa lectura dunha selección de poemas Ci con acompañamento de Gunzheng, da poetisa da dinastía Song, Li Qingzhao (1084-c. 1155). Íntimamente ligados coa música, os poemas Ci (literalmente “palabras de cancións”) foron compostos para unha melodía preexistente, agora perdida.
Con esta pílula, propoñemos un modesto achegamento de confraternización coa cultura chinesa, nunha viaxe que ven de presentarse, o sábado 12, na Bienal Musical de Zagreb.
Angus Lee hic / nunc* (2025) ensemble
Sonja Mutić spektrum . spektra** (2025) ensemble amplificado, electrónica e voces imaxinarias
Camilo Mendez Disappeared Quipu[s]: Broken & Forgotten* (2025) ensemble
Pilar Miralles done for the day*(2025) ensemble
* Estrea absoluta. Comisionada por 33rd MBZ
**Estrea absoluta. Comisionada por 33rd MBZ e DAAD Artists-in-Berlin Program
“Tuck yourself in bed. Remember to take your shoes off! You can sleep for real.”
Pilar Miralles, done for the day
NIU YIRAN recitadora
VID VELJAK violonchelo
HONG KONG NEW MUSIC ENSEMBLE Angus Lee, director, frauta | Linus Fung, clarinete | William Lane, viola | Karen Yu, percusión | Chiu Tan-Ching, guzheng
VERTIXE SONORA Pablo Coello, saxofón | David Durán, piano | Nuno Marques, guitarra eléctrica | Roberto Alonso Trillo, violín



