• Edicións:

Con evidente significación e simbolismo en termos de apertura multicultural e cuestionamento da visión eurocéntrica e da universalización occidental, os World Music Days son unha das ferramentas más importantes da ISCM para celebrar a creatividade universal no eido da música.

Por primeira vez no vello continente, esta edición especial en África, baixo a dirección artística de Lukas Ligeti, coa dobre sede de Johannesburgo e Soweto, celebra os 100 anos da fundación da ISCM: lembremos,  fora establecida aló polo lonxano 1922, en Salzburgo coma Internationale Gesellschaft für Neue Musik (IGNM) para organizar un festival anual nun dos 14 países membros.

A selección dos compositores que integran a candidatura oficial da Sección Española é responsabilidade de Vertixe Sonora que apoiará aos compositores españois para facilitar a súa participación nos World Music Days. Vertixe Sonora presentará unha candidatura de seis obras de autores españois aos xurados internacionais dos festivais World Music Days. A selección final das obras será responsabilidade do xurado internacional escollido pola organización do World Music Days correspondente, coa garantía de que alomenos unha das obras remitidas estará representando a España.

Ademáis en cada edición outórgase o ISCM Young Composers Award a un compositor menor de 35 anos con obra interpretada durante o festival. O galardón conleva un premio monetario e a comisión dunha nova obra para o seguinte festival.