“Pero cando houbo rinchas en nadal? Cada vez hai menos peixe por eso non baixan os prezos! A xente non se decata, pero os que traballamos aquí o temos moi claro: só van comer peixe os ricos. Ata o pulpo marcha para o Reino Unido na procura de augas máis frías” laiábase unha peixeira fai uns días en Vigo.
Danas apocalípticas en outubro, fogos dantescos no verán. Xa chegou. A Universidade de Mannheim en Alemaña identifica a España como o país da UE que pagará a factura máis alta en 2025 polo récord de termómetros do verán. Os maiores danos económicos en termos absolutos (que nolo conten aquí en Galicia): 12.200 millóns de euros, un 30% dos 43.000 millóns de euros nos 16 países europeos que rexistraron fenómenos extremos. Descenso da produción nalgúns sectores e custos humanos, fiscais e inflacionistas. Seguen Italia con 11.850 millóns de euros, e Francia con 10.100 millóns de euros.
A crise climática está na cerna dun programa de 14 concertos que inclúe 20 estreas absolutas e 11 artistas e ensembles convidados, 3 concertos adicionais de novos valores, encontros, masterclass, instalacións…, conta co apoio de sete institucións internacionais e ten a Brasil como país convidado. Un encontro con Brasil tan caro, á nosa cultura, e a presenza por primeira vez en España de Plurisons, o grupazo de Belo Horizonte dirixido por Januibe Tejera presente en tres dos eventos programados. Un achegamento ao Amazonas, aos pobos orixinarios, ás formas de vida respetuosas co medio ambiente. Unha segunda oportunidade para aprender a relacionarnos coa Terra, escomenzar doutro xeito. Para non condenar á exclusión ao 80% da poboación mundial. Para superar a violencia, a brutalidade e o odio, recuperar un significado superior da vida humana, deter o delirio colonial, o xenocidio, a barbarie.
O domingo 21 de setembro ás 18h no Verbum en Vigo, A BELEZA DO ROTO: No kintsugi xaponés, únense fragmentos cerámicos con ouro; sulíñanse as feridas en lugar de agochalas, para así transformar obxectos rotos en arte. Quebras que falan de fraxilidade, pero tamén de resiliencia. Catro estreas mundiais nunha homenaxe aos afectados pola dana o pasado outubro de Colin Tucker (Ypsilanti, territorio ocupado de Anishinaabek, 1985), Felipe Pinto (Santiago de Chile, Chile, 1982), Voro García (Sueca, España, 1970), Mateu Malondra (Palma de Mallorca, España, 1977) e a presentación de drifting de Jorge Gómez Elizondo (Monterrey, México, 1986).
En PERSPECTIVAS –o sábado 4 de outubro ás 20h no Auditorio Martín Codax– Haruna Takebe e David Durán dan comezo á súa particular andaina: qué caracteriza á literatura pianística galega? Na procura de respostas, unha ampla selección de obras de compositores e compositoras galegos. Para piano solo, piano e electrónica, piano e varios intérpretes, conxuntos de piano ou conxuntos de instrumentos de tecla combinados, sintetizadores, órganos... quen da máis? en definitiva, calquera dispositivo sonoro activado mediante tecla. Terá continuidade en vindeiras edicións do festival. Nesta ocasión obras para un piano e dous intérpretes, e dous pianos de Ramón Otero Moreira (Pontevedra, España, 1982) – e Xacobe Gaspar Grandal (Mos, España, 1975) respectivamente. [Información para lambóns: a obra de Otero Moreira poderá escoitarse novamente o sábado 15 de novembro ás 12h en Bonaval (Santiago de Compostela) como previa do encontro de música española]
O xoves 16 ás de outubro ás 20h no Verbum a presentación de LSMi un proxecto de instrumentos aumentados a partires do clarinete e da percusión. Paneis solares, xiroscopios, acelerómetros, LED de cores, sensores de proximidade IR…. Desenvolvido conxuntamente por David Alonso (Vigo, 1997) e Juanlu Montoro (Almería, 1991), o LSMi, Instrumento de Luz e Movemento Extendido, naceu coa idea de crear/ampliar as posibilidades sonoras dunha mesa de madeira amplificada (unha mesa! unha mesa!). A principal característica do LSMi é o uso da luz como fonte de son. En paralelo David Alonso e Pablo Piñeiro (Bueu, 1992) levan anos traballando nun clarinete con control da electrónica nas propias chaves do instrumento. Neste programa presentan dúas obras nas que combinan o estadio actual de ámbalas dúas investigacións.
Neus Estarellas (Palma de Mallorca, 1985) estará no Auditorio Martín Códax o venres 17 de outubro ás 20h. En tempos de vindicación da saúde mental presenta DELIRIOS, monográfico para piano e electrónica na fronteira entre cordura e loucura, o real e o imaxinario, o racional e o sensorial. Con música de Vito Zuraj (Maribor, Eslovenia, 1979), Erika Vega (México, 1987), Raquel García-Tomás (Barcelona, España, 1984), Favian Svensson (Estocolmo, Suecia, 1980), e Arturo Fuentes (México DF, México, 1975).
PUNGE é un moquete sonoro e nihilista de enerxía punk en toda a faciana. Con estreas mundiais de Danbi Jeun (Seoul, Corea, 1991), Jeremías Iturra (Chile, 1983), Luís Neto Da Costa (Freamunde, Portugal, 1993), Felipe Ribeiro de Almeida (Brasil, 1980), Alexander F. Hooper (Alemaña, 1987), e a presentación europea dun dos derradeiros traballos para ensemble e voz de Arnau Brich (Barcelona, 1997). Será o mércores 22 ás 20h no Verbum.
A estadía de Plurisons no festival comezará o xoves 23 ás 20h. en SVT Espazo de Arte. Fernando Rocha, percusión e Elise Pittenger, violoncello, integran o dúo Qattus. Presentarán música brasileira para esta formación, con obras de Roberto Victorio (Rio de Janeiro, Brasil, 1959), Sean Griffin (Danbury, Estados Unidos, 1968), Fernando Rocha (Araçatuba, Brasil), Maurício De Bonnis (São Paulo, Brasil, 1979) e Maurício Dottori (Rio de Janeiro, Brasil, 1960).
PERFECTA IMPERFECCIÓN. Os valencianos Ensemble d’Arts farán unha retrospectiva do seu traballo na última década. Será o sábado 25 ás 20h no MARCO. Música para saxofón, violín, violoncello, electrónica e vídeo de Carlos D. Perales (Úbeda, España. 1979), Miguel Angel Berbís (Epaña, 1972) Yoav Shemesh (Israel, 1981), e a estrea mundial da última obra de Joan Gómez-Alemany (Valencia, España, 1980) Un Voyage Dans Le Rassemblement D’arts.
O domingo 26 ás 18h no Auditorio Martín Codax o esperado TERRA CANSA, un proxecto desenvolvido por Vertixe Sonora e Plurisons. Quince músicos en escena e cinco compositores: “Un refuxiado ambiental é aquel que perdeu o seu territorio, a súa ecoloxía, o seu modo de vida e tivo que vagar polo mundo sufrindo discriminación e violencia.” Marta Domingues (Braga, Portugal, 2000), Fernanda Navarro (São Paulo, Brasil), Januibe Tejera (Brasil, 1979), Gabriel Bolaños (Nicaragua, 1984), Ramón Souto (Vigo, España, 1976). É posible un encontro diferente entre culturas?; abandonar a arrogancia colonial occidental para escoitar as voces ignoradas doutros pobos?, recuperar sensacións perdidas e pensamentos esquecidos?, o coñecemento precolonial, previo á escravitude, previo ao xenocidio e ao roubo de terras? Novas formas de estar coa terra. O corpo e a terra. Este programa desenvóvese co apoio de Ibermúsicas e a Ernst von Siemens Musikstiftung. Unha homenaxe aos que o perderon todo nos lumes.
Con tres xeracións de música brasileira no escenario Plurisons despídese do Vertixe 13. Será o luns 27 ás 20h no Auditorio David Russell. HUSH é unha particular antoloxía de creadores próximos e –asemade– velada homenaxe a grande dama da música brasileira, a paulista Denise García (Bauru, São Paulo, Brasil, 1955) no seu 70 aniversario. Completan o programa Tato Taborda (Curitiba, Brasil, 1960), Paulo Rios Filho (Bahia, Brasil, 1985), Silvio Ferraz (São Paulo, Brasil, 1959), e Tonia Ko (Honk Kong, 1988).
Noite do 31 de outubro. Areal da Espedrigada (ao carón de Samil) ás 23h. Meigas, bruxas e curuxas. Fin da tempada de colleita, e chegada do inverno. Celebración do Samaín, o aninovo celta. En TOLEMIA Robyn Blair presenta un programa monográfico de obras internacionais para trompa sóa inspirado na tradición de contos fantásticos, lendas misteriosas e néboas eternas da súa Edimburgo natal. Heinz Holliger (Langenthal, Suiza, 1939), Tansy Davis (Bristol, Reino Unido, 1973), Michael Jarrel (Xenebra, Suiza, 1958), Nina Seňk (Liubliana, Slovenia, 1982), Daj Fujikura (Osaka, Xapón, 1977).
Apunten no calendario: a finde do 15 e 16 de novembro música española contemporánea na Igrexa San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Final singradura dunha travesía comenzada hai xa tres edicións para coñecer en profundidade a mirada de dous dos ensembles mais relevantes da escena peninsular. O sábado 15 –tralo recebemento ás 12h a cargo de Haruna Takebe e David Durán– o programa continuará ás 18h celebrando dúas efemérides simultáneas na interpretación da obra escrita por Rodolfo Halffter (1900-87) no ano 44 Homenaxe a Antonio Machado: o 150 aniversario do nacemento do poeta sevillano e o 125 aniversario do nacemento do compositor referente do Grupo dos Oito e do exilio republicano español en México. Será co Plural Ensemble dentro de REFREXOS 20-21, un variado programa de cofraternización hispanobritánica, que eloxia o recente acordo estratéxico entre os gobernos de España e Reino Unido e o pacto acadado en xuño para a eliminación da verxa de Xibraltar. Con música de George Benjamin (Londres, Reino Unido, 1960), Ethel Smyth (Londres, Reino Unido, 1858-1944), Benjamin Britten (Lowestoft, Reino Unido, 1913 – Aldeburgh, Reino Unido, 1976) e catro estreas mundiais de compositores e compositoras españois como Alicia Díaz De La Fuente (Madrid, España, 1967) ou Helga Arias (Bilbao España, 1984) ademáis de dous xóvenes autores.
AZRAQ de José María Sánchez-Verdú (Algeciras, 1968), provén do árabe e significa «azul», unha cor cargada de significados simbólicos. É unha das obras que escoitaremos no programa do mesmo título para unha singular combinación tímbrica –frauta, viola e arpa– a cargo do Zahir Ensemble de Sevilla. A abstracción cromática de Sánchez-Verdú, a contemplación espiritual de Gubaidulina, e a delicadeza decadente e luminosa de Debussy. Será o domingo 16, no mediodía, xusto ás 12h.
E para rematar o Vertixe 13, guau!!, vaia tropa, unha pléiade internacional de músicos, artistas visuais, sonoros, multimedia… no Museo de Historia Interactiva de Lugo. Ata alí trasladarémonos a primeira finde de nadal, porque o venres 5 e o sábado 6 –dous pases ás 20h, meus benqueridiños señores e señoras–, poderesmos asistir ao derradeiro proxecto de Roberto Alonso MBow Ltd. O espectacular 7O∆R. Artellado a partires de ideas como simbiose, simulación, prótese, 7O∆R presenta o resultado dunha investigación de dous anos que foi desenvolvida entre Hong Kong, Australia e España. Drons, artellos electrónicos de toda índole, dispositivos sonoros… e a participación estelar de Taurin Barrera, Joseph Chan, Samuel Swope, Fronte Vacuo, Davor Vincze, Karen Yu, current.cam, e o galego Xoán-Xil López, coordinados polo violinista Roberto Alonso Trillo e o artista e investigador multimedia Peter A C Nelson.
E ademáis moitas actividades paralelas con concertos de novos valores, instalacións…
Concertos
Entradas de balde ata completar aforamento
domingo 21.09, 18h | Verbum, Vigo
A BELEZA DO ROTO
Vertixe Sonora
sábado 4.10, 20h | Auditorio Martín Codax, Vigo
PERSPECTIVAS
Arufe/Takebe
xoves 16.10, 20h | Verbum, Vigo
LSMi
LSMi
venres 17.10, 20h | Auditorio Martín Codax, Vigo
DELIRIOS
Neus Estarellas
mércores 22.10, 20h | Verbum, Vigo
PUNGE
Vertixe Sonora
xoves 23.10, 20h | Sirvent, Vigo
PATTYCAKE
Duo Qattus
sábado 25.10, 20h | MARCO, Vigo
PERFECTA IMPERFECCIÓN
Ensemble d’Arts
domingo 26.10 | Auditorio Martín Codax, Vigo
TERRA CANSA
Vertixe Sonora + Plurisons
luns 27.10, 20h | Auditorio David Russell, Vigo
HUSH
Ensemble Plurisons
sábado 8.11 23h | Areal da Espedrigada (Xunto a Samil)
TOLEMIA
Robyn Blair
sábado 15.11, 18h | Igrexa San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela
REFREXOS 20-21
Plural Ensemble
domingo 16.11, 12h | Igrexa San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela
AZRAQ
Zahir Ensemble
sábado 6.12, dous pases ás 18:30 e ás 20:30h | MIHL, Lugo
7O∆R
MBow Ltd
En paralelo
Entradas de balde ata completar aforamento
RESIDENCIAS
varias datas e espazos
ENCONTROS, CHARLAS, CONFERENCIAS, MASTERCLASS
Colabora: Conservatorio Superior de Música de Vigo
NOVOS TALENTOS
mércores 15.10, 20h | Verbum, Vigo
SOMBRA DOBRE
Data e hora por determinar | Auditorio David Russell
ARESTORA
Data e hora por determinar | Lugar por determinar
COMMUNALLY MANAGING TIME
Creación colectiva
INSTALACIÓN
Domingo 14.12, 23h | Galería Apo’strophe
CHOIVA ÁCIDA
N3rvdr
ACCIÓN SONORA
Venres 19.12, 11:15h | Lugar por determinar
ARACNE
Buz
PRÁCTICAS DE MÁSTER
A beleza do roto…
Putto Mictans
Choiva ácida. Obradoiro
Perspectivas
Sombra dobre
LSMi
Delirios
Sobor PUNGE…
…sobor PUNGE
Punge
Pattycake
Elise Pittenger – Masterclass violoncello contemporánea
Fernando Rocha – Masterclass percusión contemporánea
Perfecta imperfección
Terra cansa
Hush
Sobor A TERRA CANSA
Danilo Mezzadri – Masterclass frauta contemporánea
Batista Jr. – Masterclass clarinete contemporáneo
Alexandre Zamith – Masterclass piano contemporáneo
Mariana Salles – Masterclass violín contemporáneo
Arestora
Tolemia
Refrexos 20-21
Azraq
7O∆R #1
7O∆R #2
Aracne Obradoiro
Choiva ácida
Choiva ácida SE1
