campUSCulturae é unha aposta da Universidade de Santiago de Compostela a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e do pluralismo. Considerar a importancia das culturas parécenos unha oportunidade para manter a biodiversidade cultural do planeta, ofrecendo á nosa lingua e cultura a posibilidade de establecer procesos de retroalimentación con outros códigos lingüísticos e culturais.

Dentro deste amplo proxecto situamos o CENTRO INTERNACIONAL DE CREATIVIDADE, que na súa área de música pretende proporcionar un espazo de experimentación e creación musical a desenvolver nos vindeiros catro anos: son[UT]opias  2013 – 2016.

son[UT]opias como foro de diálogo para creadores e intérpretes dende diferentes perspectivas culturais que propicie a nova creación através da comisión, estrea e difusión de composicións.

 


 

PROGRAMA 2013

son[UT]opias 2013conta coma agrupación convidada co Atlas Ensemble (http://www.atlasensemble.nl/) co cal organizará do 27 ao 30 de xuño en Santiago de Compostelaun encontro internacional para compositores e intérpretes, o ATLAS ACADEMY.

ATLAS ACADEMY articúlase coma un encontro internacional para compositores e intérpretesde todo o mundo e inclúe presentacións, demostracións e conferencias sobre instrumentos non occidentais, así coma seminarios sobre culturas musicais do este e a composición para combinación de instrumentos interculturais.

Atlas Ensembleé unha orquestra de cámara única en Europa que une brillantes músicos tradicionais de China, Asia Central, Oriente Próximo e Europa. O ensamble presenta un mundo de sons inexplorados de instrumentos procedentes de diferentes culturas. O repertorio que interpreta consiste enteramente de obras especialmente encargadas para esta agrupación. En son[UT]opias 2013 tamén asisteremos a estrea mundiais de tres novas composicións, as dos compositores Ken Ueno, Stefano Pierini e Carolina Cerezo Dávila e teremos ocasión de escoitar estes instrumentos empregados nunconcerto de música tradicional.

son[UT]opias conta ademáis co Vertixe Sonora Ensemble coma ensemble residente. O colectivo musical galego será de feito o encargado de levar a cabo o concerto inaugural e tamén de finalizar esta edición nunha fascinante colaboración co ATLAS.

ATLAS ACADEMY. Workshop (solistas do Atlas Ensemble)
A primeira sesión consistirá na presentación de cada instrumento e porén terá carácter musicolóxico. Logo, as sesión de traballo oriéntanse a dúas modalidades: intérpretes e compositores, se ben calquera persoa interesada está convidada a asistir.

  • Compositores: conferencias para compositores na que se explican e aconsellan procedementos de escritura para estes instrumentos. Aqueles interesados tamén poden acceder a máis información sobre os instrumentos na páxina do Atlas Academy e traer a estas sesións un borrador a partir do cal se traballará.

  • Intérpretes: sesión de improvisación na que os participantes traen os seus propios instrumentos e tocan xunto aos músicos do Atlas. Na improvisación explicaranse e empregaranse as escalas arábicas “Maqam”, a chinesa pentatónica e elementos do “Gagaku” xaponés. Non soamente se dirixe aos músicos de formación clásica, tamén aos músicos de jazz e folk e quen estea interesado na improvisación ou no sistema microtonal. E por suposto que aquel que lle apeteza probar a improvisar con instrumentos inusuais ou curioso poderá participar.

 


 

CALENDARIO DE ACTIVIDADES

XOVES 27 XUÑO

  • Presentación / Obradoiro Atlas Ensemble
    18:00 -­ 19:15 h. Auditorio Novacaixagalicia

  •  Conferencia Alireza Farhang
    19:30 h.  The crossover of two musical cultures: conflictual but enriching aspects.

  • CONCERTO INAUGURAL Vertixe Sonora Ensemble
    21 h. Auditorio Novacaixagalicia

VENRES 28 XUÑO

  • Obradoiro Atlas Ensemble: Duduk, Qanun & Sho
    18:30 ‐ 20:00 h. Auditorio Novacaixagalicia

  •  Proxección do Filme Documental Imagine Utopia
     Título: Imagine Utopia / Autor: Frank Scheffer, Caio Amon, Lucas van Woerkum  /  Duración: 60’
    20:30 h. Auditorio Novacaixagalicia

  •  “Atlas en Praterías” Atlas Ensemble
    23:00 h. 
    Praza de Praterías

SÁBADO 29 XUÑO

  •  Obradoiro Atlas Ensemble: Kemençe & Erhu
    12:00‐13:00 h. Auditorio Novacaixagalicia

  •  Obradoiro Atlas Ensemble: Pipa & Tar
    13:00‐14:00 h. Auditorio Novacaixagalicia

  •  Proxección do Filme Documental Correspondencias Sonoras
     Título: Correspondencias Sonoras  /  Autor: Manuel del Río  /  Duración: 60’
    19:30 h. Auditorio Novacaixagalicia

  •  CONCERTO MÚSICA TRADICIONAL, Atlas Ensemble
    21 h. Igrexa da Universidade

DOMINGO 30

  • Conferencia Alireza Farhang
    20:00 h.  Music in Iran: Tradition and Modernity.

  • CONCERTO FINAL Atlas Ensemble + Vertixe Sonora Ensemble
    21 h. Auditorio Novacaixagalicia

DIRECCIÓN DO CICLO: David Durán
+ info: http://www.usc.es/campusculturae
Programahttp://issuu.com/campusculturae/docs/sonutop__as_gal.2
Redes sociais:https://www.facebook.com/sonutopias– https://www.facebook.com/campUSCulturae

Entrada libre ata completar aforamento salvo onde se indique o contrario