Catálogos de sopro, respiración e asubío, estudo obsesivo e recorrente da difusión do aire do compositor Ramón Souto (España, 1976). Así dá comezo, co motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, a nova edición de Música e arte. Correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música.

Baixo o comisariado de Vertixe Sonora, novos autores do panorama internacional compoñen obras orixinais a partir das exposicións, artistas e obras do Centro Galego de Arte Contemporánea. Jorge Gómez Elizondo (México, 1986), Chikage Imai (Xapón, 1979), Heather Stebbins (Estados Unidos, 1987) e Joanna Wozny (Polonia, 1973) terán como referencia a retrospectiva do artista sevillano Luis Gordillo que albergará o CGAC a partir do 30 de xuño e que estará centrada nos puntos e momentos fortes da súa ampla produción. Vertixe Sonora porá á disposición dos compositores unha formación inédita no ciclo, un quinteto con saxofón, tuba, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica. Un cuarteto de corda e mais un cuarteto con frauta, saxofón, piano e percusión serán as ferramentas que utilicen Oren Boneh (Estados Unidos/ Israel, 1991), Francisco Concha Goldschmidt (Chile, 1981), Macarena Sofia Roscmanich Le Roy (Chile, 1981) e Chris Swithinbank (Países Baixos, 1988) para descifrar a obra de Eduardo Batarda a partir da “inquedanza que emana dos procesos de ocultación ou da exhibición iconoclasta da imaxe” na exposición Mise en Abyme.

No cuarto concerto do ciclo, Paul Clift (Australia, 1978), Stefan Maier (Canadá, 1990), Szymon Stanislaw Strzelec (Polonia, 1990) e Dam Tramte (Estados Unidos, 1985) centrarán o seu foco na traxectoria de Álvaro Negro, nas obsesións e reflexións presentes ao longo da súa carreira profesional. Coa soprano Maribeth Diggle, un trío instrumental e electrónica, Vertixe Sonora pecha o ciclo da edición 2017 cun total de 12 estreas absolutas e a presenza de compositores vindos de Australia, Canadá, Chile, Estados Unidos, Países Baixos, Israel, México, Polonia, Reino Unido e Xapón.

Coma nas edicións anteriores, o ciclo converterá o CGAC nun centro de investigación e creación musical con intensas sesións de traballo entre Vertixe Sonora e os compositores en xornadas abertas ao público que incluirán os ensaios previos e charlas cos autores das pezas.

PROGRAMA

CONCERTOS
19 de maio
19:00 h CATÁLOGOS. Celebración do Día Internacional dos Museos
Ramón Souto (España, 1976) Catálogos de sopro, respiración e asubío* (2017) catro compresores de aire e electrónica

12 de setembro
20:30 h CONFESIÓN XERAL
Jorge Gómez Elizondo (México, 1986 ) ¡Vayajazo!** (2017) saxofón, tuba, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica
Chikage Imai (Xapón, 1979) Itinerary** (2017) saxofón, tuba, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica
Heather Stebbins (Estados Unidos, 1987) Ursa Major** (2017) saxofón, piano, percusión e electrónica
Joanna Wozny (Polonia, 1973) No Nearer** (2017) saxofón, tuba, guitarra eléctrica, piano, percusión e electrónica

17 de outubro
20:30 h MISE EN ABYME
Chris Swithinbank (Países Bajos, 1988) «It opens, and many people throw up their hands» is a problem you insert into space** (2017) frauta, saxofón, cuarteto de corda, piano e percusión
Francisco Concha Goldschmidt (Chile, 1981)  … como restos de un naufragio e insolencia *** (2017) violín, viola e piano
Macarena Sofia Roscmanich Le Roy (Chile, 1981) Cenizas** (2017) frauta, saxofón, cuarteto de corda, piano e percusión
Oren Boneh (Estados Unidos/Israel, 1991) Lug** (2017) frauta, saxofón, cuarteto de corda, piano e percusión

19 de decembro
20:30 h ÁLVARO NEGRO
Szymon Stanislaw Strzelec (Polonia, 1990) <<Y>>** (2017) soprano, saxofón, piano, percusión e electrónica
Dam Tramte (Estados Unidos, 1985) 🔄🎹** (2017) soprano, saxofón, piano, percusión, electrónica e vídeo
Stefan Maier (Canadá, 1990) the walls are moving** (2017) saxofón, piano, percusión e electrónica
Paul Clift (Australia, 1978) The sea isn’t rising, the ground is sinking** (2017) soprano, saxofón, piano, percusión e electrónica

* Presentación en España
** Estreas absolutas. Encomendas de Vertixe Sonora
*** Estrea nova versión

ACTIVIDADES PARALELAS

10 de setembro
12:00-14:00 h Ensaios abertos cos compositores

12 de setembro
19:30 h Conversa cos compositores

15 de outubro
12:00-14:00 h Ensaios abertos cos compositores

17 de outubro
19.30 h Conversa cos compositores

17 de decembro
12:00-14:00 h Ensaios abertos cos compositores

19 de decembro
19:30 h Conversa cos compositores

A entrada a todas as actividades do ciclo é libre e gratuíta até completar as localidades.

COORDINACIÓN: Virginia Villar

VERTIXE SONORA
Maribeth Diggle soprano | Clara Saleiro frauta | José Luis Vázquez tuba | Nerea Rodríguez acordeón | Roberto Alonso, Mario Peris violín | Lorena García viola | Ailsa Lewin, Thomas Piel violonchelo | Rubén Barros guitarra eléctrica | David Durán piano | Diego Ventoso percusión, electrónica e difusión multimedia | Pablo Coello saxofón e dirección musical | Ramón Souto dirección artística

cgac      VS-Marca dos lineas color-mini             Imprimir