V MIHLSons-XXI 2017
Lugo
2017
“A música non está para expresar sentimentos, senón para expresar música”.
Esta célebre frase de Pierre Boulez podería considerarse unha sinopse do cambio de paradigma que na música clásica-contemporánea aconteceu a principios do século XX, tendo como precursores ós compositores da Segunda Escola de Viena (Arnold Schoenberg, Anton Webern e Alban Berg) e que acabaron asumindo as seguintes xeracións de creadores. Música como arte independente, música para a música e avance na técnica como camiño a seguir a costa de rachar coa maior parte das ligazóns co pasado.
“(…) dende os descubrimentos realizados polos vieneses, calquera outra composición diferente á dodecafónica é inútil”. Pierre Boulez
Así e todo, o século XX e a súa continuación ata o presente deixou de ter na arte un só camiño ou ‘mainstream’ como tivera ata ese momento, coexistindo innumerables ramificacións estilísticas, estéticas e filosóficas que van dende os abandeirados das vangardas máis rompedoras ata os nostálxicos das linguaxes do pasado.
Co obxectivo de verter luz sobre algunhas das claves que explican o desenvolvemento da música contemporánea en Europa, o V Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI” incluirá na súa programación de actividades catro conferencias-concerto nas que se abordarán as liñas estéticas máis importantes e influentes do panorama actual.
Do mesmo xeito e como en anteriores edicións, o ciclo seguirá a incidir na súa finalidade divulgativa a través dun obradoiro de libre improvisación para estudantes de música, un concerto didáctico para escolares e un concerto para todos os públicos a cargo do percusionista Luis Tabuenca e na súa función dinamizadora coa participación do grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, do grupo de percusión do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes e da pintora Yano Yoro no espectáculo “Six Japanese Gardens”.
Diego Ventoso Fernández
Dirección artística e coordinación do Ciclo
ENTRADA DE BALDE ata completar aforo en todos os concertos
Martes 4 de abril ás 20:30h | Casa do Saber
NOVAS PAISAXES PIANÍSTICAS EN EUROPA
Martes 18 de abril ás 20h | Casa do Saber
TORONI
Martes 25 de abril ás 20:30h | MIHL
PC – ELECTRONIC
Martes 2 de maio ás 20:30h | MIHL
PUNTOS DE REFERENCIA
Venres 7 de abril ás 20:30h | MIHL
AUTORRETRATO
ENTRADA DE BALDE ata completar aforo en todos os concertos
Martes 4 de abril ás 20h | Casa do Saber
MÁIS ALÓ DA VANGARDA: NOVA COMPLEXIDADE E NEOTONALIDADE
Pablo Sánchez Quinteiro relator
Martes 18 de abril ás 20h | Casa do Saber
O AMPLO ABANO DA SONORIDADE: DO SILENCIO Á SATURACIÓN PLENA
Paco Yáñez relator
Martes 25 de abril ás 20h | MIHL
NOVOS HORIZONTES DA ARTE SONORA: RETROSPECTIVA E ACTUALIDADE
Pablo Beltrán Sobrado relator
Martes 2 de maio ás 20h | MIHL
CAMIÑOS INTERIORES E CAMIÑOS ABERTOS
Javier María López Rodríguez relator
Venres 21 de abril ás 20:30h | MIHL
SIX JAPANESE GARDENS
Venres 6 de abril de 17h a 20h | Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes
OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN MUSICAL LIBRE
Venres 7 de abril ás 11h | MIHL
A IMPROVISACIÓN: UNHA FERRAMENTA DE CREACIÓN MUSICAL
Luis Tabuenca presentación e percusión