LATEXOS 19
Lugo, Sobrado dos Monxes, Melide
2019
LATEXOS explora o Camiño Primitivo como oportunidade de conexión coa natureza, e autocoñecemento mediante a estimulación sensorial, a través de diversas actividades que promoverán o diálogo coa poboación local, cos peregrinos.
O proxecto dá inicio cun ciclo de concertos en Galicia nos que explorar a memoria interior, as estruturas complexas que esconden as paisaxes. LATEXOS inclúe unha serie de 3 concertos organizados como un camiño de descoberta das pegadas no tempo e espazo, nos que a comunidade local e peregrinos son convidados a transitar empregando como medio de transporte o son. Logo desta primeira fase introspectiva, de diálogo sensorial a través do son e a danza, LATEXOS plantexa uns obradoiros para a construción de cartografías sonoras en lugares de especial relevancia histórica e natural, onde cada quen compoñerá a súa propia paisaxe sonora e se debatirá sobre as distintas percepcións sobre unha mesma realidade, así como nos cambios históricos acontecidos no rural. En terceiro termo, LATEXOS propón un encontro onde afondar na arte como ferramenta para a autoexpresión, e onde as persoas participantes explorarán as conexións corpo, memoria e lugares. Como resultado deste proxecto, elaborarase unha Guía de Turismo Sensorial do Camiño Primitivo, nun esforzo por aumentar a perdurabilidade do impacto do proxecto máis alá do seu ciclo de vida e axudando a ampliar a oferta turística para facela máis inclusiva.
Neste percurso de LATEXOS, daráselle un papel esencial e activo ás persoas novas e poboación local residentes nas diferentes vilas do camiño como actores fundamentais da gravacións e creación dun rexistro sonoro do camiño. O camiño como vía para a confluencia de autocoñecemento, inspiración e creatividade; estímulo para a autoreflexión e a contemplación dende a música da natureza e das paisaxes sonoras; xerador de autocoñecemento e cómplice activo do desenvolvemento cultural do eido rural.
CONCERTOS
24 de xuño
LATEXOS
Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, Lugo
Nacho de Paz director
Obras de Víctor Ibarra
5 de outubro
BRUMARIO
Monasterio de Santa María, Sobrado dos Monxes
Concerto – performance
8 de novembro
CONFLUENCIA/REDE
Igrexa de San Pedro,Melide
Performance interactiva
RASTROS SONOROS
Rexistro sonoro do Camiño Primitivo.
Intervencións sonoras
OBRADOIROS
Artes do movemento, corpo e vibración
Creación sonora a partir dos rastros sonoros
Proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo
Enlaces:
Xunta de Galicia
Xacobeo