VÍNCULOS
Música e arte. Correspondencias sonoras súmase á celebración do Día Internacional dos Museos cunha conmemoración particular: a do seu quinto aniversario, convertido o ciclo nun referente da creación musical internacional coa participación de compositores de numerosos países de Europa (Alemaña, Austria, Francia, Grecia, Holanda, Italia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Serbia, Suecia, Suíza), América (Arxentina, Brasil, Canadá, Chile, Costa Rica, Estados Unidos, México) ou Oriente Próximo e Asia (Irán, Israel, Turquía).
Referencias clásicas da pintura, ao lado de confrontacións entre realidade e virtualidade, sociedade e tecnoloxía estarán presentes en Vínculos, o primeiro dos concertos deste ano, convertido nunha celebración-homenaxe a esta frutífera relación entre música e arte coa presentación en España das obras de dous compositores intimamente ligados ao labor desenvolvido por Vertixe Sonora e o CGAC, Germán Alonso (Madrid, España, 1984) e Stefan Prins (Kortrijk, Bélxica, 1979).
CGAC
SERVIZO DE ACTIVIDADES E PROXECTOS EDUCATIVOS
Rúa Ramón del Valle Inclán 2, 15703 Santiago de Compostela
Tel.: 981 546 623 / cgac.actividades@xunta.es / www.cgac.org
![]() |
![]() |
![]() |
EES: Estrea en España


