Obradoiro John Cage: Variacións I
En Variacións I atopamos unha das primeiras partituras visuais de John Cage. Os alumnos do Conservatorio Profesional de Ourense poderán achegarse a outras formas de notación sonora nesta iniciativa.
Incluida no programa, Tactus, proposta conceptual a partir dunha idea de hugo Morales, centrada na percepción sensible do son. Tactus aúna todas estas referencias nun espectáculo de música, danza e poesía ó redor da respiración, o tacto, a caricia, a violencia física e o roce dos corpos.
John Cage (EUA 1912-1992)
Variacións I para calquer número de intérpretes e calquera tipo e número de instrumentos
AULA DE ACORDEÓN DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE OURENSE
Nicolás Fernández / Noelia González / Rocío Mosquera / Álvaro Pérez / Erea Carbajales / Xián Vázquez / José M. Domínguez / coordina Celia Adrián