Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2014
Concerto

VALOR

martes 18 noviembre / 20:30H
CGAC
Santiago de Compostela
MARTES 18 DE NOVEMBRO 2014, 20:30 h.
Música e Arte: Correspondencias Sonoras
Auditorio CGAC Santiago de Compostela

Concerto de VERTIXE SONORA

 

PROGRAMA
Takuto Fukuda Centrifugal Melodies* (2014)
frauta, violín, harpa e electrónica

Vladimir Gorlinsky Bramputapsel#2** (2013)
frauta e clarinete

Sabrina Schroeder Stircrazer Hammer + Flutter* (2014)
saxofón, percusión, piano, harpa/guitarra eléctrica

  Marek Poliks burl* (2014)
frauta, violín, harpa e piano

  Benjamin Scheuer Serenaden* (2014)
frauta, saxofón, violín, harpa, piano e electrónica

*Estrea absoluta. Encarga de Vertixe Sonora
*Presentación en España

VERTIXE SONORA ENSENBLE
Alessandra Rombolà frauta / Felipe Agell clarinete / Pablo Coello saxofón / Roberto Alonso violín / Angélica Vázquez harpa / David Durán piano, teclado / Ramón Souto difusión de son


‘É capital analiza esa excesiva dominación que ten o capital na nosa forma de entender o mundo, nas nosas relacións sociais, na nosa percepción estética, filosófica, etc. Esta condición que o sistema económico ten sobre o ser humano, individuos e sociedades, é o que Cristina Lucas pon de manifesto neste proxecto[…]irrupción do capital en conceptos como o amor, a vida, a morte, a arte, o medo ou a dor[…]Un afán de lucro que afecta incluso a conceptos absolutos como morte, arte ou vida[…]Un prezo que pon de relevo a natureza perversa dun sistema económico que converte en fetiche un texto que xorde da necesidade mesma de denunciar a especulación capitalista’. (Manuela Villa. Cristina Lucas, É Capital)

Alleos ao materialismo, ou impulsados/violentados por él, presentamos cinco composicións, cinco activos sonoros con VALOR engadido:

Todo se repite, e como na história, unha forza centrífuga provocada por movimentos cíclicos reVALORizan a propia repetición: así o suxire Takuto Fukuda no dinámico Centrifugal Melodies.

Novos VALORes nos plantexamentos estéticos ou reflexións das que surde buri ii de Marek Polis:

[…]Here, at the same point of the spirit’s nonsite, the body is presented
as a wound: the other way to exhaust the body, subtilize its sense,
exhale it, pour it forth, unbridle it, abandon it, exposed in the raw.
The spirit concentrates what the wound bleeds: in either case, the body
subsidises, more and less than dead, robbed of its fair share of death,
dug up, soiled, sacrificed.” (Jean-‐Luc Nancy)
in memory of Pope John Paul II

VALORando sinxelos aspectos humáns como a amizade, ou o ‘económico’ sentido sonoro da palabra no Bramputapsel de Vladimir Gorlindski.

A VALORación do contacto físico enfatizando as friccións e tensións, a fraxilidade e a contundencia dos mecanismos activos no Stircrazer: Hammer + Flutter de Sabrina Schroeder.

A sencillez do cotidiano, un VALOR que perdura inherente á súa propia esencia, que evoluciona nos seus novos e diferentes usos, na Serenaden de Benjamin Scheuer.  


OS COMPOSITORES

Takuto Fukuda. Xapón, 1984
Compositor e artista sonoro, licenciado en Sonoloxía (2008) polo Kunitachi College of Music de Japón e Master en Sonoloxía (2011) polo Real Conservatorio da Haia. Ten estudado con Takayuki Rai, Shintaro Imai, Cort Lippe, Johan van Kreij, Naoko Hishinuma e Masakazu Natsuda, e na actualidade con Marko Ciciliani no IEM – Instituto de Música Electrónica e Acústica da Kunstuniversitat Graz.

As súas composicións foron galardonados co premio FUTURA no «Contemporary Computer Music Concert 2011» (Xapón), terceiro premio na Internacional Taiwan Electroacustic Music Composition Award Premio, mención de honra na «Internacional Electroacustic Music Composition Competition Musica Nova 2010» (Chequia), e foi seleccionado para o «EMUfest 2011» (Italia), «Concert Banc d’essai» (Francia), «Seoul International Computer Music Festival 2011″(Korea), «Sonic Rain Concert Series»(USA), «International Electroacoustic Music Composition Competition Musica Nova 2008″(Czech), «International Festival of Electroacoustic Music, Ai-maako 2007 y 2011» (Chile). Participó en el «NRW INTERNACIONAL DANCE FESTIVAL 2008 con Pina Bausch» (Alemania) e como artista sonoro para unha obra de danza contemporánea. Foi bolseiro da Fundación Nomura (Japón) no 2013.

Pertenece ao equipo de desenvolvimento DIPS (Procesamiento Digital de Imágenes con sonido) e foi ponente na «Internacional Computer Music Conference 2007» (Dinamarca).
http://takutofukuda.webs.com

Vladimir Gorlinsky. Moscu, 1984
En 2008 graduóse no Conservatorio de Moscú (en composición baixo a supervisión de V. Tarnopolski), asistindo a master-classes con Martijn Padding, Richard Ayres, Brice Pauset, Beat Furrer e Brian Ferneyhough.

Vladimir Gorlinsky pasou moito tempo experimentando con instrumentos tradicionais, étnicos ou da súa propia invención. En 2002 foi galardonado co 1º Premio na «Schnittke International Competition for Young Composers», en 2007 tambén gañou un premio na ‘Jurgenson International Young Composers Competition’ e ao ano seguinte o Gran Premio do Festival ‘jPythioan games’ en San Petersburgo. A súa peza «Ultimate granular paradise» foi presentada en Rostrum 2008 e retransmitida en máis de 10 países, sendo seleccionada e interpretada no «Gaudeamus Music Week 2011′ en Utrecht. A obra «S’Morzando» tocouse no festival ‘ISCM 2007’ en Hong-Kong.

As súas obras foron retransmitidas e interpretadas en Europa, Asia e Australia por solistas como o trompetista Marko Blaauw, o contratenor Javier Hagen, ensembles como o ‘Klangforum Wien’, ‘Insomnio’, ‘Ereprijs’, ‘eNsemble’, ‘Studio for New Music’ (Moscú), a Orquesta Nacional de Rusia (dirixida por Theodor Currentzis e Fedor Lednev). En 2007 a ópera colectiva «Boxing Pushkin» foi estrenada con música de Vladimir Gorlinsky en 5 ciudades dos Países Baixos
http://gorlinsky.com

Sabrina Schroeder. Canadá, 1979.
Orixinaria da costa oeste do Canadá, o traballo de Sabrina Schroeder disfruta coas friccións (tanto íntimas coma opostas), da música como cartografía, en abordar acontecimientos cotidiáns, e nas posibilidades viscerais e imaxinativos do son e das actuacións en directo. Fundadora dun proxecto/performance de artistas sonoros e visuais emerxentes en Victoria BC, membro activo de colectivos de compositores e intérpretes presentando música improvisada e escrita, ten impartido cursos de Son e Media Art no Instituto Politécnico Rensselaer de Troy, Nova Iorke. Ten colaborado con solistas e ensembles como Anthony Braxton, Quatuor Bozzini, ICE Ensemble, Arraymusic, SEM Ensemble, Till-By-Turning, Flux Quartet, Quatuor Diotima, Ensemble Surplus, JACK Quartet, Ensemble Argento, Continuum Ensemble, Musikfabrik, Stephane Ginsburgh y Séverine Ballon.

Vive en Somerville (Massachusetts, EE.UU.), onde é a directora do Harvard Group for New Music, e está completando un doutorado en composición na Universidade de Harvard con Chaya Czernowin, Hans Tutschku e Steven Kazuo Takasugi. Estudou con Alvin Lucier e Anthony Braxton (Wesleyan University), Michael Longton e Christopher Butterfield (Universidade de Victoria).
http://sabrinaschroeder.com

Marek Poliks. Estados Unidos, 1989
cree nos espazos creativos e discursivos que incluen tanto a música clásica contemporánea como a arte. fronteras que distinguen entre prácticas musicais artísticas e comerciais, ainda que non sobre manidas líneas clásicas/populares. a forza da exclusión mutua entre a obra de arte e o espíritu empresarial. crítica aos mundos privilexiados e colonizados nos que circula a música clásica, perpetuados en parte a través da súa infraestructura comercial e teórica. obxetos musicais autónomos, disociables de sinificación. música sen asunto, música sen materialismo. ordenanzas – o idiolecto dos artistas ao servizo da obra. unha ética da composición, unha comunidade de compositores e intérpretes.

Realiza o doutorado na Universidade de Harvard con Chaya Czernowin e Steven Takasugi. Recentemente estudou con Roger Reynolds, John Luther Adams, Amnón Wolman e Josh Levine, o seu mentor. Entre outros, Marek ten participado en master-classes con Mario Davidovsky, Brian Ferneyhough, Jonathan Harvey e Rebecca Saunders.

A súa música foi interpretada en Europa e Norteamérica por Séverine Ballon, JACK Quartet, Ensemble SurPlus, Argento Ensemble, Ensemble L’Arsenale, Ensemble Pamplemousse, hand werk, Callithumpian Consort, Seth Josel, ACADEMY, Quince Contemporary Vocal Ensembl, Oberlin Contemporary Music Ensemble, no Wittener Tage für Neue Kammermusik, Festival de Lucerna, Akademie Schloss Solitude, Conservatorio Nacional Superior de Lyon, Frankfurter Gesellschaft für Neue Musik, Issue Project Room (Brooklyn), Willow Place (Brooklyn), High Concept Labs (Chicago), Bemis Center (Omaha), así como en numerosas universidades e festivais.
http://www.marekpoliks.com

Benjamin Scheuer. Alemaña, 1987
Estudou composición en Hamburgoe en Karlsruhe, onde obtivo o postgraduado con Wolfgang Rihm. A súa música se caracteriza polo uso de elementos humorísticos e teatrais. Implica obxetos da vida cotidiana, xoguetes e electrónica Lo-fi. A armonía das composiciónes inclue microtonalidade para adaptarse ás características deses elementos. O seu catálogo componse de obras orquestrais («Montagen», «Spuren»), baile («pineapple»), música sacra («misa – Stilles Geschrei») e obras compostas para espazos específicos («Zeitraum» para 600 instrumentistas e cantantes). A súa música de cámara presentouse en festivaiss de varios países do mundo. En 2013 gañou a beca Aldeburgh Music Opera Writing Fellowship para desenvolver a ópera «Beyond the Pale» (libreto: Tom Swift) que vai rematar no 2015 co apoio do Irish Arts Council. É membro fundador da organización «Músicos sen Fronteiras» e frecuentemente viaxa a Ecuador como voluntario dando clases de música en barrios con habitantes de escasos recursos.
http://www.benjaminscheuer.de 


 

CGAC

SERVIZO DE ACTIVIDADES E PROXECTOS EDUCATIVOS
Rúa Ramón del Valle Inclán 2, 15703 Santiago de Compostela
Tel.: 981 546 623 / cgac.actividades@xunta.es / www.cgac.org

xunta Vertixe Sonora sonoloxia usc

vídeos