vertixe 10
Cardinais. Academia Internacional

Tempo 3

sábado 27 agosto / 20:00H / 1H
0€
Igrexa de San Domingos de Bonaval

“As cousas do mundo trenzan danzas a diferentes ritmos”.
Carlo Rovelli

Proxecto performativo e itinerante de expansión e compresión temporal que reflexiona sobre a dimensión non lineal do tempo cuántico.

Non hai agora, nin presente global obxectivo para o universo, nin antes, nin despois, no mundo sen tempo das micropartículas na súa gramática elemental. Só unha rede de interaccións de eventos entre si. A temporalidade é así unha perspectiva que corresponde a mundo ao que pertencemos, unha perspectiva da que non podemos liberarnos.

TEMPO é ademáis o derradeiro traballo discográfico de Pilar Fontalba que reflicte a necesidade de deixar testemuño dun novo repertorio escrito especialmente para ela. Creacións que nacen da experimentación co oboe e o oboe barítono, froito dun estreito traballo realizado entre os autores e a intérprete.

 

 

Juan J Eslava (España1970)
Melos
óboe barítono e electrónica
Carolina Cerezo (España1993)
La peaux douce
óboe, cinta e elementos resonadores amplificados
Javier T Maldonado (México1968)
Tensión tranquila
óboe e electrónica
Louis Aguirre (Cuba1968)
“Oriki a Oló-Okún (Dona nobis pacem)” (2022) [EM]
óboe só
José María Sánchez-Verdú (AlgecirasEspaña1968)
Kinah
oboe e tam tam

EM: Estrea mundial


Óboe: Pilar Fontalba
dirección e concepción escénica: Pablo Ramos