vertixe 10

Rozamento/ Rozadura

23/9/2022 - 16/10/2022
IES San Paio/ Igrexa de San Domingos
Tui

Emulando os desprazamentos de skaters no pavimento, xestos plásticos e figuras xeométricas a diferentes velocidades sobre papeis de lixa, modifícase unha trama que explora as diferentes sonoridades próximas ao ruido blanco.

Moitos artistas plásticos no ámbito contemporáneo teñen introducido o son coma un material máis, ao mesmo nivel que calquera outro, en instalacións, performances, etc.… aportando unha dimensión perceptiva adicional a explorar no seu traballo. 

Os participantes non precisan levar instrumento nin ter coñecementos previos de música.

ROZAMENTO/ROZADURA – CRONOGRAMA
Venres 23 de Setembro, IES SAN PAIO, TUI
13.35-14:25  ENSAIO
Domingo 16 de Outubro, IGREXA DE SAN DOMINGOS, TUI
17:30h ENSAIO XERAL CO ENSEMBLE VERTIXE SONORA
18h PRESENTACIÓN PÚBLICA

Coa colaboración de Raquel García Bragado.