A Colección
Organizado en colaboración co FONCA (Fondo Nacional para a Cultura e as Artes de México)
En conversa coa obra de artistas presentes na exposición Da xenerosidade comisariada polo propio director do CGAC Miguel von Haffe a partir da Colección Fundación Helga de Alvear, unha das máis importantes coleccións privadas de arte contemporánea do noso país.
Iberia de Robert Motherwell, Untitled 2008 de Jorge Queiroz e Gordon Matta-Clarck serven de estímulo ós compositores Hernández Ramos (México DF, México, 1975), González Compeán (León-Guanajuato, México, 1978) e Ramón Souto (Vigo, España, 1976) para realizar os seus respectivos traballos. O programa complétase coa presentación por primeira vez en España de Dmitri Kourliandski (Rusia, Moscova, 1976) e Nadir Vassena (Balerna, Suíza, 1970)
Previamente ás 19:00 a mesa redonda COMPOÑER HOXE coa presenza dos compositores Hernández Ramos, Nadir Vassena e Ramón Souto.
PROGRAMA
Dmitri Kourliandski Danc[e]inG
Nadir Vassena mutti inverni dell’anima
González Compeán Solo II
Hernández Ramos Chiaroscuro
Ramón Souto Apertas para Matta-Clark
EM: Estrea Mundial
EES: Estrea en España