Perspectivas
Haruna Takebe e David Durán dan comezo á súa particular andaina: qué caracteriza á literatura pianística galega? Na procura de respostas, unha ampla selección de obras de compositores e compositoras galegos. Para piano solo, piano e electrónica, piano e varios intérpretes, conxuntos de piano ou conxuntos de instrumentos de tecla combinados, sintetizadores, órganos... quen da máis?, en definitiva, calquera dispositivo sonoro activado mediante tecla. Terá continuidade en vindeiras edicións do festival. Nesta ocasión obras para un piano e dous intérpretes, e dous pianos de Ramón Otero Moreira (Pontevedra, España, 1982) e Xacobe Gaspar Grandal (Mos, España, 1975) respectivamente. Información para lambóns: A obra de Otero Moreira poderá escoitarse novamente o día 15 ás 12h en Bonaval (Santiago de Compostela) como preámbulo do encontro de música española que terá lugar esa finde.
EM: Estrea mundial da versión completa