Old things resonates new #2
Segunda parte do díptico en colaboración co Melos New Vocal Music Collective de Vilna, Lituania, que conta nesta ocasión coa incorporación do percusionista de jazz e improvisador Dominikas Snarskis, Valdas Narkevčius á electrónica, e Gintaras Šeputis nas visuais, todos eles dirixidos por Vykintas Baltakas. Un proxecto patrocinado polo Music Autumn Contemporary Lithuanian Music Festival no que sete creadores internacionais foron convidados a desenvolver novos traballos que pasan da música instrumental á vocal, da escritura pechada á aberta, da notación convencional á improvisación, abrindo buratos insospeitados na exploración sonora da vida… porque… «os obxectos cotiáns que nos rodean, os aparellos xa obsoletos, os restos que non se utilizan, renacen e cobran un novo significado da man da creación sonora actual”.
CATHERINE KONTZ (Luxemburgo, 1976) Breathing new life into it* (2024) | para voces, frauta, oboe, saxofón, violín, piano, percusión e obxectos
CATHERINE KONTZ (Luxemburgo, 1976) Three legs and a wheel (2018) | para piano e roda de bicicleta
SNIEGUOLĖ DIKČIŪTĖ (Vilnius, 1956) Homo Sensorium* (2024) | para director especial, 5 voces, obxetos e electrónicas
LIEPA VOZGIRDAITĖ (Vilna, 1986) Composition for Four Voices, Ensemble and the Objects* (2024) | para 4 voces, oboe, violín preparado, soprano saxofón, frauta e vinilo
AISTĖ VAITKEVIČIŪTĖ (Vilna, 2001) I Ring this Bell* (2024) | para 5 voces, frauta, oboe, saxofón alto, violín, piano, percusión e campás.
*Estrea mundial
EQUIPO ARTÍSTICO
Dominikas Snarskis, director
Valdas Narkevčius, electrónica
Gintaras Šeputis, visuais
MELOS NEW VOCAL MUSIC COLLECTIVE Gabrielė Bilevičiūtė, Justina Leinartaitė, Karolina Macytė, Karolina Ramonė, Ūla Zemeckytė, voces
VERTIXE SONORA Clara Saleiro, frauta | Pilar Fontalba, oboe | Pablo Coello, saxofón | Roberto Alonso, violín | David Durán, piano