VII Festival Vertixe Sonora 2019
Interacción 2019
Instalación sonora

Nervaduras

Blanca Viñas, Miguel Pipa

1/10/2019 - 30/11/2019
Colexio Plurilingüe San José de la Guía
Vigo

Instalación sonora realizada cos materiais de refugallo e elementos da natureza atopados nun tramo do camiño portugués. Tempo, lugar, movemento e son a través do espazo, que conectan a nosa experiencia de vida e a idea da viaxe. Nervadura reflexiona sobre a intelixencia múltiple das estructuras vexetais e a súa capacidade adaptativa. Está deseñada para a manipulación por cativos.

Desenvolvida coa participación do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil San José de la Guía.

Blanca Viñas traballa na creación de instalacións artísticas como espazos de xogo para rapaces. Miguel Pipa está interesado na experimentación e exploración da música eletrónica a partires do uso de hardware como o Hacking, o Circuit-Bending, o D.I.Y., o Noise, o Glitch e o uso de obxectos do cotidiano como fonte sonora.

Colaboran Ignacio Barcia e Ramón Souto.

En Ruta. Proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo