Natureza e baleiro
B. Moondy, A.Khalaf, C. Pang, A. Jiménez, T. Yang, J. Perdigón
VIII FESTIVAL AFTER CAGE
Cada atardecer unha pintura instantánea
cada nube un libro de sombras
pola que voan salvaxes
as vogais dos paxaros
que chorarán de súpeto
Lawrence Ferlinghetti
Un encontro á beira do río con músicas que convidan a gozar do solpor. Luces, sons e arrecendo a humidade nas partículas da atmósfera. Cada pequena mutación o centro do mundo. Fugacidade de cores –pinceladas vermellas, rosas, violáceas, laranxas, marelas– magnífica colleita!. E segundo varíe o ángulo dos raios e nos abrigue máis a noite, a percepción máis rica en matices. Festexo da sensualidade nas flores –oído, ollo, olfato, tacto–. Música, civilización e natureza.
1Repertorio Vertixe Sonora