MONDO 26

140: Migratio #4

miércoles 25 noviembre / 20:00H / 1H
0€
Ölbergkirche
Berlín

Entre 1860 e 1930, chegaron á Arxentina aproximadamente seis millóns de inmigrantes, un fenómeno coñecido como «a gran inmigración». A grande maioría procedía de Italia e España, seguidos por franceses, alemáns, polacos, rusos e sirio-libaneses, entre outros. Ao abeiro do 140 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), figura senlleira na cultura, a política e a arte galegas, símbolo da emigración e o exilio galego en Arxentina, compositores de ambos  lados do Atlántico —fillos, netos, bisnetos e tataranetos de migrantes— únense neste proxecto para celebrar este proceso a través da música: un éxito de integración sen precedentes que transformou por completo a cultura arxentina.  Nun momento de criminalización da poboación migrante; e de forte cuestionamento dos procesos migratorios en Europa propoñemos un contexto de intercambio enriquecedor, vibrante e dinámico, que deu lugar a unha complexa fusión multiétnica deixando unha fonda pegada na identidade cultural do país.

Baixo o principio de que «gobernar é poboar», o artigo 25 da Constitución Arxentina de 1853 fomentou activamente a inmigración europea para impulsar o desenvolvemento e o crecemento demográfico do país. Esta política viuse posteriormente reforzada pola Lei de Inmigración e Colonización de 1876. A Arxentina perdera unha parte significativa da súa poboación debido á Guerra de Independencia (1810–1825) e ás guerras civís (1814–1880), polo que precisaba con urxencia forza demográfica para o seu desenvolvemento. Escasamente poboada por comunidades indíxenas, esta política foi clave para a inmigración masiva —procedente principalmente de España e Italia— que tivo lugar a finais do século XIX e principios do XX: a chegada de man de obra para a agricultura, a gandería e a industria contribuíu ao crecemento demográfico e económico do país.

Un proxecto galardoado co Premio EFFEA Springboard da Fundación Europea de Festivaies para Artistas Emerxentes – EFFEA e  o apoio dos Performing Arts Fund NL.

Beltrán González (Bos AiresArxentina)
Nós [EM]
saxofón, piano, percusión
Jana de Troyer (Bélxica1994)
For two migrating quartets [EM]
frauta, fagot, saxofón, guitarra eléctrica, arpa, acordeón, piano, percusión
Cecilia Arditto (Buenos AiresArxentina1966)
Y la nave va
frauta, fagot, saxofón, guitarra eléctrica, arpa, acordeón, piano, percusión
Ramón Souto (VigoEspaña1976)
Migratio #23
frauta, fagot, saxofón, guitarra eléctrica, arpa, acordeón, piano, percusión

EM= Estrea mundial


ICARUS VS MUZAK
Frauta: Lavinia Guillarin
Fagot: Martino Tubertini
Arpa: Maria Gilda Gianolio
Percusión: Francesco Pedrazzini
VERTIXE SONORA
Saxofón: Pablo Coello
Acordeón: María Mogas
Guitarra eléctrica: Nuno Pinto
Piano: Haruna Takebe