Migracións
Espai Sonor
A migración é un movemento externo propio de animais, insectos ou humanos. Este desprazamento físico provoca á súa vez un movemento interno, máis sutil, reverberación do externo. A música convídanos sempre a este movemento íntimo: A trazar un percorrido ás veces inconsciente a través de tradicións culturais, estados de ánimo, emocións, estados de conciencia, etc. Espai Sonor viviu un longo tránsito de cambios na súa estrutura e o seu lugar de residencia e considera que o título que mellor pode describir o seu momento musical actual é precisamente Migracións. Baixo este título proponnos un repertorio con obras para diversas formacións que combinan frautas, clarinetes, chelo e piano, entre as cales se inclúe a estrea da nova obra de Helga Arias (Euskadi, 1984). Dous cuartetos franquean este repertorio, de M. Van der Aa e Panayotis Kokoras, ambos creando estimulantes novos espazos sonoros. A variación tímbrica é en sí mesma unha das motivacións destas migracións. de ahí o cambio constante de formacións en escena, que persegue un cambio de perspectiva sonora.
EM: Estrea mundial