Vertixe 14

Marxes

Borealis

jueves 5 noviembre / 18:00H / 1H
0€
Auditorio David Russell
Vigo

Marxe en canto espazo que rodea e define límites. Marxe coma metáfora de condición periférica ou de discriminación. Partindo deste dobre sentido, neste proxecto catro compositores contemporáneos revisitan repertorios e prácticas asociados a contextos marxinais, poñéndoos en diálogo con técnicas contemporáneas de composición e interpretación. Sustentabilidade, exclusión, inclusión, innovación…, Marxes leva a escena cuestións sociais contemporáneas de gran actualidade.

Fundado en 2014 polo frautista António Carrilho e a pianista Helena Marinho, o Ensemble Borealis destaca no panorama da música clásica portuguesa polo seu enfoque en proxectos de temática innovadora.

Francisco Ribeiro (GaiaPortugal2001)
Entre lugares [EM]
Frauta de pico, saxofón, piano, percusión
Ângela Da Ponte (Illas AzoresPortugal1984)
Contornando [EM]
Frauta de pico, saxofón, piano, percusión
Rui Penha (PortoPortugal1981)
Caminhos de Floresta [EM]
Frauta de pico, saxofón, piano, percusión
Sara Carvalho (Portugal1970)
Over the margins [EM]
Frauta de pico, saxofón, piano, percusión

EM= Estrea mundial


BOREALIS
Frauta de pico: António Carrilho
Saxofón: Henrique Portovedo
Piano: Helena Marinho
Percusión: Nuno Aroso