Outros concertos e actividades 2018
Concerto

Itinerario de Luz

Enrique X. Macias

lunes 25 junio / 20:30H
CGAC - XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2018
Santiago de Compostela

60 aniversario Enrique X. Macías

Adhuc (1992/93) clarinete, trompa, vibráfono, sintetizador, violín, violonchelo
Cadencias e Interludios / Percurso I(1992) piano solo e electrónica en tempo real

————————- pausa ——————————-

Itinerario de Luz (1994/95) frauta, clarinete, trompa, violín, viola, violonchelo, electrónica en tempo real

Co apoio do Centro de Investigação & Informação da Música Portuguesa– MIC.PT

VERTIXE SONORA
Pedro Amaral director
Clara Saleiro frauta/ Daniel Veiga clarinete/ Jorge Fuentes trompa/ Mario Peris violin/ Iriana Fernández viola/ Ailsa Lewin violonchelo/ Haruna Takebe sintetizador/ David Durán piano / Diego Ventoso vibráfono/ Ángel Faraldo electrónica

Adhuc
Outra vez, novamente’. O seu título evidenciase na reelaboración que Macias fai de materiais dunha obra anterior, o ‘retorno’ dun material previo, e mesmamente a repetición de diferentes seccións dentro da obra, un entramado formal onde a a memoria ten un papel determinante. Presenta a singulariedade da utilización de sons de sintetizador dentro dun ensemble de cinco instrumentos acústicos, ampliando así a paleta tímbrica ao plano electrónico.

Adicada ao Ensemble TM+ e ao seu director Laurent Cuniot, foi unha encomenda do propio ensemble e estreada en Paris en 1993.

Cadencias e Interludios / Percurso I
Estreada en Santo Domingos de Bonaval no 1992 por Roberto Bollea, dedicatario da composición, e tras o concerto no Salón Teatro de 2008 a cargo do Soud’Ar-te Electric Ensemble con motivo do seu 50 aniversario, a obra regresa a Santiago de Compostela na interpretación de Vertixe Sonora e do seu pianista David Durán. Escrita para piano, banda magnética e dispositivo electroacústico, preséntase aquí en versión actualizada para tratamento informático, integrando o dispositivo electroacústico e a banda magnética orixinaria realizada no INA-GMR (Institut National de L’Audiovisuel – Groupe de Recherches Musicales) de Paris.

A obra ten o seu antecedente en Nobillissima Visione II, compostaen 1989 para piano, conxunto instrumental, banda magnética e dispositivo electroacústico. Unha vez máis, a memoria e o entramado formal nun traballo de enorme contido lírico.

Itinerario de Luz
Concibida en cinco seccións que se interpretan sen interrupción, usa un conxunto de seis instrumentos (frauta / frauta en sol, clarinete, trompa, violín, viola e violoncello), e un dispositivo de tratamento informático en tempo real. Este consiste dunha parte sampler que actúan na obra en dúas liñas: unha como un conxunto instrumental complementario, como unha partitura de sombras en complementariedade coa parte instrumental; a outra como punto de interpolación (híbrida) entre sons instrumentais acústicos do conxunto dos músicos e os sons instrumentais do sampler (principalmente instrumentos de resonancia – piano, guitarra, arpa – ou percusión con resonancia). O tratamento electroacústico actúa sobre cada instrumento, en tempo real, como un desdobramento de identidade do mesmo, tanto pola súa interacción na modificación do seu timbre – interacción temporal no discurso da parte instrumental da peza, como por un contrapunto de escritura a nivel harmónico. A espacialización dos sons acústicos e electrónicos (mostraxe e tratamento en tempo real) está orientada en dous aspectos. Por unha banda, a situación e movemento no espazo de cada son, por outra, a interpolación (como condicionamento) do espazo acústico a través dunha escritura de reverberacións. A espacialización non só se deduce da parte instrumental da obra, senón tamén unha aclaración da súa propia escritura. Os sons híbridos (interpolados) referidos anteriormente foron creados cos programas SVP (Super Vocoder de Phase, do IRCAM), e Turbosynth (síntese modular aditiva). Todo se integra nunha partitura informática que segue a parte instrumental. Isto actúa como control da espacialización e tratamento, e foi escrito usando o linguaxe de programación Max Object (creado e desenvolvido no IRCAM en París). Pero non estamos falando só de control, senón tamén de calcular procesos en tempo real. O proxecto da parte informática da obra foi desenvolvido por Miguel Azguime no Studio of Miso Music Portugal. A obra foi encomenda do Centro Galego de Arte Contemporánea e foi estreada pola London Sinfonietta baixo a dirección de Mark Foster o 15 de abril de 1995 no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Das Notas sobre a obra do Centro de Investigação & Informação da Música Portuguesa

vídeos