how can I help you?
how i can help you? xorde da fascinación por ELIZA, software creado por Joseph Weizenbaum no MIT nos anos 60 co obxectivo de estudar a comunicación entre humanos e ordenadores. Unha versión do programa acadara grande popularidade replicando a relación psicoterapeuta-paciente entre ordenador-usuario. Debido á súa relativa sofisticación no recoñecemento de patróns, conseguiu convencer a un gran número de usuarios de que estaban ca comunicarse cunha persoa real. Foi un dos primeiros programas da historia en superar a proba de Turing.
O gran éxito de ELIZA na imitación da conversación natural e a sobreestimación das súas posibilidades por parte dos seus usuarios levaron a Weizenbaum a publicar en 1966 un famoso artigo no que desmitificaba o programa e explicaba o seu funcionamento.
Nun contexto en que o debate sobre os límites éticos da Intelixencia Artificial –e o deseño dun marco lexislativo que lle faga frente– acapara a conversa pública, presentamos esta orixinal reflexión de José del Avellanal e Bernat Pont en exclusiva para Vertixe Sonora.
1Co apoio de OSCIC (Oficina de Suport a la Iniciativa Cultural, Generalitat de Catalunya)
HOW CAN I HELP YOU? (2024)
ensemble, playback e vídeo
José del Avellanal
What answer would please you most
i. Synthetic therapist
ii. You feel real to me
Bernat Pont
I have a crush
José del Avellanal
What answer would please you most – para ensemble e playback
iii. Typing…
iv. it’s a black box
Laia Pont