Healing Music
So Sol-i, Bo-Sung Kim
Danzas, rituais xamánicos e budistas de sanación, oracións polos seres e a natureza… espiritualidade na música tradicional coreana con So Sol-i e Bo-Sung Kim
Binari. Oración cantada pola boa fortuna, a saúde e o benestar de todos os seres: seres espirituais, natureza e humanidade por igual. Reúne elementos das tradicións xamánicas e budistas coreanas. Ten tres seccións: “Changse Naeryeok” (inicial), narra a creación do mundo e do universo. “Salpuri”/ “Aekpuri” (segunda) busca limpar as persoas da tristeza, as preocupacións e o sufrimento, liberándoas das cargas da vida cotiá. “Chukwon Deokdam” (final), é unha oración pola boa fortuna, as bendicións e o benestar.
Jindo Ssitgim Gut. Ritual xamánico orixinario da illa coreana de Jindo (ssitgim provén do verbo ssitgida, que significa «lavar» ou «limpar»). Presentan un arranxo de varias cancións. Realízase para limpar as almas dos falecidos. En particular, ofrece unha pasaxe para aqueles que morreron traxicamente ou antes de tempo, como nenos ou vítimas de accidentes. A través do ritual, as súas almas límpanse da dor, o resentimento e os apegos que aínda os unen ao mundo dos vivos, o que lles permite atopar paz e continuar a súa viaxe cara á outra vida.
O Mundung Bukchum é unha danza de máscaras da tradición Goseong Ogwangda da rexión Goseong (no suroeste de Corea do Sur). Representa ao Mundung, nobre condeado á lepra polos deuses, en castigo por pecados propios e dos antepasados. Descubre un buk, un pequeno tambor tradicional coreano, que, ríxido pola lepra, apenas pode levantar coas mans. Movéndose entre a dor, a frustración e os momentos de alegría, o Mundung pérdese gradualmente na danza, chegando a un éxtase liberador.
En Kyeonggi Dodang Kut. Ritual xamánico da rexión de Kyeonggi-do (Corea do Sur). O ritual realízase para invocar a protección e a bendición do mundo espiritual: para garantir o benestar e a paz dunha aldea ou cidade, unha colleita abundante no campo e unha captura exitosa para as comunidades pesqueiras da costa.
Sol-i So traballa como compositora contemporánea —incorporando influencias do canto e do teatro tradicionais coreanos— e como cantante en agrupacións tanto contemporáneas como tradicionais coreanas. Do mesmo xeito que as artes coreanas son fundamentalmente interdisciplinares, o seu perfil artístico é igualmente versátil. Estudou canto e interpretación coreanos na Universidade Chung-Ang (Corea do Sur), composición na HfM de Dresde e canto de música contemporánea na Universidade das Artes de Berna.
Bo-Sung Kim, nada en Seúl en 1977 e criada en Berlín, é música e intérprete. Estudou Artes Escénicas Tradicionais na Universidade Nacional de Artes de Corea, en Seúl, especializándose en percusión, danza con máscaras e música ritual chamánica. Como solista e membro de diversas agrupacións, combina as artes tradicionais coreanas coa interpretación contemporánea e interdisciplinar. Cofundou varios conxuntos, como Doodul Sori, Ensemble ~su, AY e song of mu.
1Voces/ Kkwaenggwari: SO Sol-I | Janggo: KIM Bo-Sung
2Voces/Janggo: SO Sol-I | Jing: KimBo-Sung
3Danza: KIM Bo-Sung | Acompañamento musical: SO Sol-I
4Janggo: KIM Bo-Sung | Jing: SO Sol-I