VII Festival Vertixe Sonora 2019
Privado: EN RUTA 2019
Concerto

En ruta

Cristian Morales, Yuko Ohara, Alexander F. Müller, Fernando Munizaga

domingo 29 septiembre / 18:00H / 1H 30MIN
0€
Igrexa de San Domingos
Tui

En Ruta presenta as novas creacións en estrea mundial de Cristian Morales (Chile), Yuko Ohara (Xapón), Alex Müller (Alemaña) e Fernando Munizaga (Chile). E o fai con toda a simboloxía do Camiño Portugués e a súa significación como viaxe físico e espiritual transformador, lugar de encontro entre culturas e símbolo transnacional de unidade europea. O concerto terá lugar na Igrexa de San Domingos de Tui, que conta con extraordinarios retablos barrocos con imaxes de santos dominicos e da batalla de Lepanto.

Con este concerto conducido polo director Miquel Bernat da comenzo asemade o ciclo do mesmo nome co que arranca o sétimo Festival Vertixe Sonora. Tempo, lugar, movemento e son a través do espazo, que conectan na nosa experiencia a idea da viaxe. Camiño, logo son: camiño, ruta, viaxe, odisea. Metáforas antigas e poderosas.

Ao longo do festival presentaranse dezaseis estreas absolutas de compositoras e compositores que remarcana unión natural de música e transmisión de cultura enmarcadas no Camiño portugués, adaptadas aos medios e tecnoloxías contemporáneas. Unha actualización dos músicos e poetas, homes e mulleres que transitaron estes carreiros dende a Idade Media.

PROYECTO FINANCIADO POR EL FONDO PARA EL FOMENTO DE LA MÚSICA NACIONAL CONVOCATORIA 2019 REGIÓN DE VALPARAÍSO

Proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo

Fernando Munizaga (Chile1986)
Ondas terciarias (2019) [EM]
arpa solista, ensemble
Yuko Ohara (Xapón1977)
The dimensional space (2019) [EM]
ensemble
Alexander F. Hooper (MunichAlemaña1987)
If there’ no one else to blame… (2019) [EM]
ensemble
Cristian Morales Ossio (Chile1967)
FUNA (2019) [EM]
clarinete contrabaixo solista, ensemble

EM: Estrea mundial


Miquel Bernat, Director
Arpa: Angélica V. Salvi
Clarinete contrabaixo: Álvaro Zegers
VERTIXE SONORA
Frauta: Clara Saleiro
Saxofón: Pablo Coello
Trompeta: Carlos Cortés
Trombón: Iago Ríos
Acordeón: María Mogas
Guitarra eléctrica: Rubén Barros
Violín: Mario Peris
Viola: Cristina Santos
Violonchelo: Ailsa Lewin
Contrabaixo: Carlos Méndez
Piano: David Durán
Percusión: Diego Ventoso