E T C É T E R A
E T C É T E R A
VERTIXE SONORA
trasPediante DANZA
lago:monroy Iluminación
Marina Poleukhina (RU, 1989 ) and add to the neon elk a pinch of tarragon* (2012) frauta de pico, guitarra eléctrica, bailarina e luz de neón
Zesses Seglias (GR, 1984) Let the music go down** (2013) clarinete baixo, saxofón baixo, trombón baixo, contrabaixo e percusión
Hannes Kerschbaumer (IT, 1981 ) pedra.debris** (2013) saxofón baixo, contrabaixo e percusión
Martín Herraiz (BR, 1980 ) Bajo el suelo** (2013) clarinete baixo, saxofón barítono, trombón e contrabaixo
*Estrea en España
**Encarga de Vertixe Sonora. Estrea absoluta
VERTIXE SONORA
Joaquín Meijide clarinete baixo / Pablo Coello saxofóns e frauta de pico / Iago Ríos trombón / Carlos Méndez contrabaixo / Rubén Barros guitarra / Diego Ventoso percusión
trasPediante DANZA
Begoña Cuquejo
lago:monroy Iluminación
Ricardo Basbaum considérase un ‘artista-etc.’, exactamente na medida en que este ‘etc.’ define unha postura que pretende transcender os modos de actuación convencionalmente asumidos polo artista.
Vertixe Sonora propuso a catro compositores “participar de uma experiência artística” mediante a creación dunha nova obra a partires dun “obxecto” sonoro/acústico definido: un espectro de frecuencias graves determinadas por unha plantilla instrumental de grandes instrumentos como o clarinete e saxofón baixos, trombón (tenor ou baixo), contrabaixo e un set de percusión dominado polos graves. Cada un dos compositores foi “libre” de alterar ou redefinir este orgánico según os seus propios criterios e adaptalo ás súas linguaxes personais, conferíndolle diferentes sentidos a un mesmo modelo de materia sonora.
“A interacción con este obxecto” (sonoro/acústico) “deu lugar” a tres novas composicións: Let de music go down, pedra.debris e Bajo el suelo. Un sentido matérico nos casos de Zesse Seglias e Hannes Kerschbaumer e metafórico no de Martín Herraiz. A compositora rusa Marina Poleukhina optou por substituir o material proposto e presentar unha das súas últimas composicións: and add to the neon elk a pinch of tarragon, a partires da idea da alteración orgánica que dun material sonoro de partida (definido por un orgánico de flauta de pico e guitarra) pode realizarse por medio da manipulación técnica, a interacción corporal, cun contrapunto visual de luz e movemento.
Pablo Coello
AS OBRAS
and add to the neon elk a pinch of tarragon
Un condimento moi común. Unha gran concentración é observada no sol e noutras quentes estreas. Para beber, o alce ten que entrar en augas profundas ou de xeonllos sobre as súas patas dianteiras. Probado en todas partes. Cómese ben no heno ou no ensilado – as luces de neón non xogan ningún papel biolóxico –
A acción ten lugar no vacío «Cafe Müller”, onde a xente incrementa a súa soedade, contando historias bailando. Son e silencio – ao seu pai gostaríalle a idea, pero él propuso neón como título.
Marina Poleukhina
Let the music go down
Nesta peza exploro as posibilidades de integración entre forma e contido e vice versa; non hai distinción entre a construcción dos obxectos sonoros e a forma completa da peza. Cada momento podería ser visto como un aspecto diferente dun mesmo obxecto; let the music go down é unha escultura sonora desenvolvida no tempo.
Zesse Seglias
pedra.debris
Esta peza é unha traslación do proceso creativo dun escultor: un so obxecto tratado con diferentes cinceis ata lograr a escultura final. O proceso de deconstrucción exténdese ata o punto no que o obxecto inicial desaparece nunha masa de escombros.
Hannes Kerschbaumer
Bajo el suelo
Bajo el suelo é unha especie de fantasía sobre as sonoridades oscuras e profundas. Unha das imaxes á que alude a peza é a figura solitaria dunha extraña criatura que habita no alcantarillado dunha megalópolis do terceiro mundo, allea ás calamidades da superficie, excepto polo retumbar continuo dunhas poucas baixas frecuencias…
Martin Herraiz
OS COMPOSITORES
Marina Poleukhina. Rusia, 1989
Estudou na Escola de Música Borodin e posteriormente no Conservatorio Rimskij-Korsakov de St. Petesburgo cos profesores N. Broverman (piano) e S. Lavrova (composición). En 2011 continúa a súa formación no Conservatorio Tchaikovsky de Moscova na clase do profesor Vladimir Tarnopolskij.
Participou nos Cursos de Verano de Darmastadt 2010 coa peza Module of memory. Folder #1 xunto aos compositores G. Apeerghis e B. Ferneyhough. E na Academia Impuls 2011 coa peza Q, traballamdo nesta ocasión cos compositores B. Furrer, P. Billone e G.F. Hass.
Foi seleccionada no 2011 pola Academia Tchaikovsky da nova música xunto a outros doce compositores, estudando con P. Billone e F. Bedrossian.
No 2012 recibe a encarga do Festival Platforma de Moscova dunha obra para intérpretes, danza, luz e música, que levará o título And add to the neon elk a pinch of terragon.
A súa música foi interpretada nos festivais Another space, Fin de siècle, From avant-garde to nowdays, Sound ways, Transcriptions of our time, sendo interpretada polos ensembles MCME de Moscova, Nostri Temporis, NoName.
Dende 2011 adícase á improvisación. En 2012 crea o ensemble [t] a Kirill Shirokov; grava o CD Puinen Neon Iktu cos compositore e improvisadore Alexej Sysojev e Alexander Chernyshkov, co que tamén crea no 2013 o ensemble O I O.
A súa música é publicada polo sello Pan y Rosas.
Zesses Seglias. Grecia,1984
Ten realizado estudios de Composición e Music Theatre con M. Lapidakis na Universidade Aristotle de Tesalónica (Grecia, 2002-2008), con B. Furrer na University for Music and Performing Arts of Graz (Austria, 2009-2011) e no 2012 con D. Papageorgiou.
Seglias foi seleccionado como participante activo para as Master Classes do Centro Acanthes 2011, da Academia Tschaikovsky 2012 e ten participado na Academia de Verano de Darmstadt 2010, Academia Impuls 2011 e 2013, tendo como profesores a G. Aperghis, P. Billone, G. F. Haas, C. Czernowin, Μ. Andre, M. Stroppa, Ph. Hurel, K. Lang e P. Ablinger entre outros.
A súa música foi interpretada en diferentes workshops e festivais como Time of Music (Finlandia), Forum Wallis (Suiza) por ensembles e intérpretes como D. Michel-Dansac, P.-S. Meugé, Er. Theodorakis, MCME (Rusia), o Helsinki Chamber Choir (Finlandia), o DissonArt Ensemble (Grecia), UMS ‘n’ JIP (Suiza) ou o Ensemble Cairn (Francia) entre outors.
En Xullo de 2012 a súa peza [α-] para coro gañou o 1º premio do International Einojuhani Rautavaara Chamber Choir Composition Workshop and Competition 2012. Nese mesmo ano foi pre-nominado para o Impuls Competition. Tras participar no Impuls Academy 2013, foi premiado co Ernst. Composition prize, cunha residencia no Ernst Krenek Institute e unha encomenda para Klangforum Wien.
Todos os seus estudos foron financiados por fundacións griegas, como a State Scholarships Foundation (IKY), Fundación Onassis e a Greek Composers Union.
Os seus próximos proxectos incluen unha encomenda do Helsinki Chamber Choir e a interpretación da súa última peza escénica hystéra en Graz (Austria) baixo a dirección de Beat Furrer.
Algunhas das súas composicións son publicadas por BabelScores.
Hannes Kerschbaumer. Italia, 1981
Estudou composición con Gerd Kühr, Pierluigi Billone, Beat Furrer e Georg Friedrich Haas. A súa música foi interpretada en festivais como o musikprotokoll de Graz (Austria), Internationale Ferienkurse Darmstadt, Festival Transart, Klangspuren Schwaz, a Opera Graz, Congreso Internacional de Saxofón 2012 en Edimburgo, ou no Butoh Festival de Dublin entre outros. En 2014 presentaranse as súa novas composicións nun monográfico da Radiokulturhaus de Vienna.
Martín Herraiz. Brasil, 1980
Compositor esencialmente autodidacta, as súas obras foron interpretadas en varias ciudades de Brasil, así como nos EE.UU., Arxentina, Holanda, Inglaterra, Suecia, Alemaña e Panamá. Foi gañador do Premio Funarte de Composición Clásica (2012) e finalista nas dúas edicións da NE/BAM Brazilian Composers’ Competition (Holanda, 2009 e 2011) entre otros. Co-produxiu en 2008 o CD Ressonâncias, con obras de 10 compositores brasileños vivos, incluindo o seu cuarteto misantrópicos I. En 2010 organizou, en conexión coa International Computer Music Conference (ICMC) en New York a primeira presentación brasileña do festival intercontinental 60×60, incluindo a súa miniatura acusmática migraine impromptu. Nese mesmo ano, escribiu, produxo e dirixiu a súa primeira peza de teatro musical, um escarro na manhã, encargada por Ibrasotope en São Paulo. Traballa desde 2012 como asesor musical para a programación de música erudita na TV Cultura (São Paulo). É Licenciado en Deseño Gráfico e Maestro en Música pola Universidade Estadual Paulista (UNESP), coa tesis de maestría O Estranho Perfeito: A Música Orquestral de Frank Zappa.
Programa (pdf)
PRÓXIMO CONCERTO: Martes 8 de Outubro