vertixe 10

Die Kunst sich an einen Tisch zu setzen

domingo 2 octubre / 15:00H
Praza
Strodehne, Brandenburgo

Neste enlace video e imáxenes de Roland Eckert sobre o evento. E aquí máis imaxes de Birte Hoffmann.

O 2 de outubro, na previa do Día da Reunificación Alemana, as mesas da localidade de Strodehne xuntaranse na praza para celebrar, ao ar libre, un acontecemento moi singular: unha Kaffeetafel, coa participación da vila ao completo.

Strodehne atópase en Brandenburgo (Alemaña), moi preto de Berlín, e as Kaffeetafel son merendas típicas para xuntarse, parolar, tomar chocolate, té, café… e tartas, moitas tartas. E dese xeito daremos comezo esta décima edición especial do Festival Vertixe con motivo dos seus dez anos de historia: unha «tola» colaboración hispano-xermana, que se inserta no rico e variado repertorio das Tafelmusik, «músicas para banquetes» de enorme repercusión na Francia e Alemaña dos séculos XVI e XVII.

Die Kunst sich an einen Tisch zu setzen. A arte de sentarse á mesa, é unha multitudinaria e singular merenda artística. Un traballo colaborativo deseñado e concebido por Ramón Souto (compositor), Ignacio Barcia (artista visual), Gabriele Konsor (artista visual) e Birte Hoffmann (fotografía) de Vertixe Sonora (Galicia) e Landmade. Kulturversorgungsraum de Strodehne (Brandenburgo).

Na Tafelkonzert de Strodehne participarán: cantantes, músicos, estudantes, o coro do pobo, a veciñanza… e haberá instalacións sonoras e instrumentos singulares para conformar unha grande obra colectiva na que todos os invitados á merenda serán tamén intérpretes.

Se queres sentarte á mesa e merendar connosco o domingo 2 de outubro, rexístrate en info[at]landmade.org.

Evento ao aire libre, trae roupa de abrigo!

Participantes: Das Dorf. El pueblo. Ignacio Barcia (Bild. Künstler artista plástico, Pontevedra). Kathleen Bredenbeck (Theaterregisseurin directora teatral, Kuhlhausen). Donald Becker (Bühnenbildner escenógrafo, Berlin/Strodehne). Roland Eckelt (Bild. Künstler artista plastico, Strodehne). Birte Hoffmann (Fotografin fotógrafa, Berlin/Strodehne). Uta von Kameke (Mezzosopranistin mezzosoprano, Ribbeck). Gabriele Konsor (Bild. Künstlerin artista plastica, Strodehne). «Strodehner Nachtigallen» (ehemaliger Frauenchor ex coro de mujeres, Strodehne). Bianka Stolz (Fotografin fotógrafa, Strodehne). Ramón Souto (Komponist compositor, Vigo). Ada Wolff (Kunststudentin estudiante de arte, Halle/Strodehne). Jan Zimmermann (Elektro-Musiker músico electrónico, Kuhlhausen). Die Strodehner Kinder Los niños Jian Friebe (Flöte flauta), Ernestine Leue (Akkordeon acordeón), Emmi Maschewski/Pola Chalabi (Piano), Tjarden Stolz (Violine violín). Und ein Pferd wahrscheinlich. Y un caballo probablemente.

Máis información: www.landmade.org
Lugar de celebración: Backofenberg 14715 Havelaue OT Strodehne