Curso Protocolos de Escoita
Sábados 14 e 28 de setembro e 5 de outubro de 2013, de 11:00 a 13:30h
Inscrición aberta ata o 10 de setembro
Matrícula: 30 € (estudantes e Amigos do CGAC; 25 €)
DIRECCIÓN: Emilio Lede
ORGANIZAN: CGAC e Verlixe Sonora Ensemble
COLABORA: USC

PROTOCOLOS DE ESCOITA
O curso preséntase como un espazo de reflexión no contexto da música contemporánea, unha viaxe atemporal na que o musicólogo Emilio Lede propón percorridos creativos pola historia da música co obxecto de desentrañar algunhas das claves que configuran a creación musical de todos os tempos.
Realizarase unha introdución a algúns dos conceptos claves na música de creación e achegaranse referencias que permitan a súa escoita completa e contextualizada e para isto reflexionarase sobre a concentración, a receptividade e a escoita; estableceranse analoxías entre diversos autores ou ben achegaranse estratexias de percepción que doten os participantes de novas ferramentas e de máis elementos de xuízo na percepción da música contemporánea.
Ao longo das sesións, iranse establecendo tamén relacións con outras artes, especialmente as visuais. Ademais, as persoas asistentes poderán coñecer de primeira man o proceso creativo da música coa participación en dous encontros con compositores e nos ensaios abertos e nos concertos de Vertixe Sonora Ensemble.
Emilio Lede Abal é musicólogo e profesor de Análise e Historia da Música do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra.
DIRECCIÓN: Emilio Lede
COORDINACIÓN: Cristina Trigo
DATAS E HORARIO
- Sábado, 14 de setembro Os elementos da músicaCAUSAL: encontro cos compositores Martín Herraiz (Brasil) e Zesse Seglias (Grecia)
- Sábado, 28 de setembro Tradición e modernidade / Entrar e saír de Darmstadt
- Sábado, 5 de outubro Posmodernidade e contorno multimediaCAUSAL: encontro cos compositores Alireza Farhang (Irán), Charles-Antoine Frèchette (Canadá) e Hugo Morales (México)
Horario: 11:00 a 13:30 h
DESTINATARIOS: O curso está dirixido a estudantes e a profesionais do ámbito da música e a todas as persoas interesadas.
PRAZAS: 40
INSCRICIÓN E MATRÍCULA: As solicitudes pódense enviar ata o 10 de setembro chamando aos teléfonos do Servizo de Actividades e Proxectos Educativos, ou ben a través do correo electrónico cgac.actividades@xunta.es, para o que se ha de indicar o nome, o enderezo postal, o teléfono e o ámbito de estudo ou de traballo. Unha vez confirmada a inscrición, as persoas seleccionadas recibirán instrucións para realizar o pagamento da matrícula. O prezo da matrícula é de 30 € (25 € para estudantes e Amigos do CGAC).
ORGANIZAN: CGAC e Vertixe Sonora Ensemble
COLABORA: Universidade de Santiago de Compostela