Residencias Artísticas 2021

Far

Mestres-Quadreny, Beltrán González, José Carlos Villena, Matteo Tundo, Carmen Fizzarotti, Vitali Karkagkezidis, Hugo Vasco Reis, Álvar Llusá-Damiani, Yifan Guo, Ramon Lazkano

sábado 2 octubre / 17:00H
Barcelona

Plantexamos un evento coa forma de xogo rigoroso, a medio camiño entre o happening e a reunión entre amigos, no que non esquecemos convidar a nove compositores de variadas xeracións e nacionalidades. A consigna é clara: brevidade. Serán partituras breves, de tres minutos de duración máximo, para diversas combinacións instrumentais. Como en toda regra hai  excepcións, atoparemos dúas salvedades. E certa interactividade bulideira que difumine os límites entre o evento social e a práctica artística.

Con moito agarimo organizamos esta homenaxe ao noso benquerido Josep María Mestres Quadreny, riseiro emancipador de tantísimas ataduras, mestre da música visual e da extradisciplinariedade, sabio de ollos intensamente azuis… Conectando o presente cun tempo de vangarda e liberdade que sentimos tan próximo, no que conflúe a aparición da electrónica musical –fundou o Laboratorio Phonos no 73–, a chegada dos primeiros ordenadores, a introdución de accións musicais ou a participación espontánea do público. Historia humana de amizades, complicidades e afectos que pecha un dos períodos estéticos e conceptuais máis produtivos da creación catalá.

JOSEP MARÍA MESTRES-QUADRENY (España 1929-20021) Trànsit boreal (2006) para electrónica. Dur. sen determinar
BELTRÁN GONZÁLEZ (Argentina) backhoe-fade* (2021) para frauta, clarinete, violín, violoncello. Dur. 3 min.
JOSÉ CARLOS VILLENA (España) …En el vértigo de la inmovilidad…* (2021) para frauta, clarinete, violín, violoncello. Dur. 3 min.
MATTEO TUNDO (Italia) Chimera* (2021) para frauta, clarinete, violín, violoncello. Dur. 3 min.
CARMEN FIZZAROTTI (Italia) Brackish miniature* (2021) para frauta, clarinete, violín, violoncello Dur. 3 min.
VITALI KARKAGKEZIDIS (Grecia) Aliens I* (2021)  para frauta, clarinete, violín, violoncello. Dur. 5 min.
HUGO VASCO REIS (Portugal) Sculpture for a While** (2021) para frauta, clarinete, violín, violoncello. Dur. 15 min.
ÁLVAR LLUSÁ-DAMIANI (España) (in)organic machinery* (2021) para frauta, clarinete. Dur. 3 min.
YIFAN GUO (China) Dying from the Snow’s Memory* (2021) para frauta, clarinete. Dur. 3 min.
RAMON LAZKANO (España) Ibaiadar (2013)  para violoncello con scordatura microtonal. Dur. 3 min.
RAMON LAZKANO (España) Ibaiadar 2 (2021) para violín con scordatura microtonal. Dur. 2 min.
JOSEP MARÍA MESTRES-QUADRENY (España 1929-20021) Far (2006) Instrumentación sen determinar. Dur. sen determinar
Revetlla càndida · Tomb esmortit · Aguant resclòs · Truc madur · Jou granissat · Forja foscant
JOSEP MARÍA MESTRES-QUADRENY (España 1929-20021) Trànsit boreal (2006) para electrónica. Dur. sen determinar

*Estrea mundial. Encomenda Mixtur
**Estrea mundial. Encomenda Vertixe Sonora

VERTIXE SONORA Clara Saleiro  frauta | Carlos Cordeiro clarinete baixo | Roberto Alonso violín | Hugo Paiva violoncello | Ángel Faraldo deseño sonoro e electrónica