vertixe 10

Cirrus

domingo 16 octubre / 18:00H
Igrexa de San Domingos
Tui

Estreas mundiais de Natalia Solomonoff, Mary Bellamy, Juan Pablo Carreño e Anselmo Ugarte. Natalia Solomonoff adica a súa obra ao ancestral e insondable Paraná que nutre e abraza a cidade de Rosario (Arxentina), o seu lugar no mundo. Mary Bellamy pasma mirando nubes, os cirros: de grande altitude, delgadas como fíos, que se desprenden de parches de cristais de xeo.  Juan Pablo Carreño loita con unllas e dentes por espazos de supervivencia como unha oleaxe de enerxía resiliente. Anselmo Ugarte “soña con paxaros dende unha casa de madeira” inspirado por textos do poeta lárico Jorge Tellier (1935-1996).

Entrelazando as diferentes obras do programa Rozamento/ Rozadura un ciclo de miniaturas a partires do ruído blanco concebida por Ramón Souto para público e ensemble e desenvolvida en colaboración con Raquel García Bragado e Blanca Viñas co alumnado do IES San Paio de Tui, o Colexio Plurilingüe San José de la Guía e convidados.

NATALIA SOLOMONOFF (Argentina, 1977)  Lomo de barro* (2022) para 13 instrumentistas
MARY BELLAMY (Sheffield, Reino Unido, 1971) Cirrus* (2022) para 8 instrumentos
JUAN PABLO CARREÑO (Colombia 1978) Estudio sobre la resistencia 3* (2020) para ensemble
ANSELMO UGARTE (Chile, 1977) Nadie se va en la Víspera* (2022) para 13 instrumentistas

*Estrea mundial

Lautaro Mura director

VERTIXE SONORA Maruta Starovoitova frauta | Tania Ramos  óboe | Pablo Coello saxofón | Luís Serrapio trompeta | Iago Ríos trombón | María Mogas acordeón | Jacobo Hernández violín | Alfonso Noriega viola | Rubén Barros guitarra eléctrica | Thomas Piel violonchelo | Carlos Méndez contrabaixo | David Durán piano | Diego Ventoso  percusión

 

Proxecto financiado polo INAEM, Ministerio de Cultura y Deporte
Financiado pola Unión Europea-Next Generation EU