DO AUDIBLE 24

Canto Ostinato

Simeon Ten Holt

domingo 1 diciembre / 12:30H
Museo de Belas Artes
A Coruña

Canto Ostinato é a peza máis coñecida do compositor holandés Simeon Ten Holt (1923-2012) e converteuse xa en toda unha icona da música minimalista. Unha interpretación de Canto Ostinato é máis un ritual que un concerto –a primeira interpretación durou dúas horas– na que o ouvinte convértese na testemuña (de apenas un anaco) dun proceso eterno. Un proceso que semella ter escomezado moito tempo atrás da previa do concerto, e que continuará máis aló do remate. Canto Ostinato fai entón audible un anaco do infinito. Porque o tempo convértese aquí no espazo no que flotan os obxecto musicais, e a repetición ten como obxectivo crear situacións na que estes obxectos se fagan transparentes. A través de Canto Ostinato exploraremos características neurofísicas do noso cerebro relacionadas coa repetición, o transe e o pracer, identificando os mecanismos dopaminérxicos, límbicos e paralímbicos, e os seus bucles corticais asociados.

VERTIXE SONORA David Durán, Luis Ángel Martínez, Álvaro Sieira, Haruna Takebe pianos e órgano eléctrico