Charla - Concerto

A música das esferas

sábado 11 octubre / 20:00H
Casa das Ciencias
La Coruña

Dende Pitágoras e Platón a ancestral tradición que consideraba o universo coma un gran instrumento musical en permanente resoancia mantívose con variacións ata a actualidade cando os poderosos sistemas de medición da NASA puideron verificar que certamente os corpos celestes emiten sons armónicos, a denominada “música das esferas”, e científicos de prestixio, coma a investigadora Lisa Randall, defenden en A teoría das cordas, modelo predictivo fundamental da física teórica, un permanente estado vibracional do universo.

PROGRAMA
Tierkreis revisitado de Karlheinz Stockhausen e Ángel Faraldo

VERTIXE SONORA Pablo Coello saxofóns | Carlos Méndez contrabaixo | Ángel Faraldo electrónica