Á espera
Comisionada a Sofia Gubaidulina (b. 1931) polo Rascher Saxophone Quartet e o Kroumata Percussion Ensemble, ambos baseados en Estocolmo, nesta peza a xenial compositora rusa formula diferentes solucións para integrar dúas agrupacións timbricamente contrastantes. O título provén da actitude de escoita experimental, sempre «á espera» —in Erwartung, en alemán— do resultado sonoro que resulta das distintas combinacións.
ALIEN ENSEMBLE supón a culminación dun esforzado traballo por coordinar e visibilizar o labor a prol da difusión da música contemporánea e a identificación da excelencia nos Conservatorios Profesionais e Superiores e as Escolas de Música de Galicia. En Á espera participan os Conservatorios Superiores de Vigo e A Coruña e foi coordinado polos mestres Pablo Coello e Vicent Grau. Colabora Ensemble Techné.
SOFÍA GUBAIDULINA (Rusia, 1931) – In Erwartung (1994) cuarteto de saxofóns + sexteto de percusións
FRANÇOIS ROSSE – Mod’Son 7 (1985) para cuarteto de saxofóns
IXOR – cuarteto de saxofóns do CSM de A Coruña.
Moisés Barreiro, Jorge Fernández, Lucas Guzman, Manuel Piñeiro. Coordina Pablo Coello
ARDORA – grupo de percusión do CSM de Vigo:
David Alonso, José Luís Rodríguez, Noelia Leite, Adrián Alonso, Noel de Dios, Blas Castañer. Coorinda Vicent Grau. Colabora Ensemble Techné