Latexos 23
Cardinais. Academia Internacional

A escrita exilada

domingo 20 agosto / 16:30H
CMUS Profesional Santiago de Compostela
Santiago de Compostela

Como preámbulo da presentación do proxecto Ipanema falaremos con Sina Fallahzadeh (Teherán 1981), compositor de orixe iraniano e residente en París, explicará a relación da súa escritura co exilio, unha aposta decididamente contemporánea que recolle elementos extraídos do seu rico patrimonio cultural, pero tamén doutros períodos históricos e, moitas veces, de tradicións afastadas, establecento a través da música unha relación única entre coñecemento e cultura.

Este proxecto desenvólvese en colaboración co Programa de Estudos Propios en Museoloxía Crítica, Prácticas Artísticas de Investigación e Estudos Culturais do Museo Reina Sofía Tecidos Conxuntivos, dentro do seminario Formas de cultura coordinado por Pablo Jarauta que investiga prácticas, procesos, produtos e linguaxes na construción colectiva dun coñecemento formalizable desde a filosofía do deseño e con metodoloxías PCC (Pensa+Constrúe+Comunica), establecendo nexos entre «exilio» e «cartografía», un dos conceptos nodais do seminario.

 

 

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña