A beleza do roto #2
No kintsugi xaponés, únense fragmentos cerámicos con ouro. Sulíñanse as feridas en lugar de agochalas, para así transformar obxectos rotos en arte. A beleza do roto reside naquilo que non pretende a perfección. Quebras que falan de fraxilidade, pero tamén de resiliencia. Nunha homenaxe aos afectados pola dana o pasado outubro, novas composicións de Colin Tucker (Ypsilanti, territorio ocupado de Anishinaabek, 1985), Felipe Pinto (Santiago de Chile, Chile, 1982), Voro García (Sueca, España, 1970), Mateu Malondra (Palma de Mallorca, España, 1977) e a presentación de drifting de Jorge Gómez Elizondo (Monterrey, México, 1986).
1 Co apoio de INAEM
2 Co apoio de IEB