IV Festival Vertixe Sonora 2016
Concerto

A araña como artista

Séverine Ballon

sábado 12 noviembre / 20:30H / 1H
0€
MARCO
VIGO

XIV ANIVERSARIO DO MARCO

A imaxe dun músico abrazándoo completamente outorga unha peculiar e paradoxal intensidade expresiva ao violoncello como instrumento solista. A necesidade de percorrelo na súa totalidade para obter toda clase de sons–acariñándoo coas mans, frotándoo cun arco nun movemento con nuado– provoca que o intérprete pareza completamente envorcado, absorto na súa comuñón privada. Curvada, tensa e alerta sobre o seu instrumento, a postura sica de Séverine Ballon tocando acentúa este paradoxo e móstranos a unha muller-violoncello, un ser fantás co cuxas extremidades se prolongan no instrumento coma se das ramas dunha árbore se tratase, coma unha laboriosa araña cuio invisible tecido nos cinguira.

A araña como ar sta recolle, a par r do marabilloso poema de Emly Dickinson e a peza do mesmo tulo de Franck Bedrossian, obras para violoncello só que mutaron a personalidade do instrumento para convertelo nun obxecto sonoro completamente transcendido. Conducidos pola sensibilidade de Séverine Ballon pisaremos paraxes nas que a soidade do solista e o seu instrumento brillan dende a ausencia.

A gran cellista francesa Séverine Ballon é unanimemente recoñecida como unha das grandes intérpretes do noso tempo. Unha ar sta que exerce, como compositora, improvisadora, e músico total unha hexemonía sobre o instrumento que a converteu en moi poucos anos nunha ar sta de referencia.

 

Helmut Lachenmann (Alemaña1935)
Pression (1969-70) [EG]
violoncello só
Rebecca Saunders (Reino Unido1967)
Solitude (2013) [EG]
violoncello só
Franck Bedrossian (Francia1971)
The Spider as an Artist (2014) [EG]
violoncello só
Séverine Ballon (Francia1980)
Inconnaissance (2016) [EG]
violoncello só
Chaya Czernowin (Israel1957)
Aden um capillus veneris non. I (arr. Séverine Ballon, 2015) [EG]
violoncello só
Liza Lim (1966)
an ocean beyond earth (2016) [EG]
violoncello só unido a un violín

EG: Estrea en Galicia


Violonchelo: Séverine Ballon